martes, decembro 26, 2017

XOGOS NO PATIO

O último día antes das vacacións, algúns alumn@s do colexio xogaron xuntos có paracaídas. Pasáronno fenomenal!!!

sábado, decembro 23, 2017

Ya llegan los Reyes

El jueves 21, los Reyes Magos volvieron al colegio y regalaron caramelos a todos los niños.



venres, decembro 22, 2017

Festival de Nadal

O mércores tivemos o festival de Nadal; como todos os anos compartimos cós nen@s e coas familias o comezo desta festa.

                                            FELIZ NADAL !!!!!!!!!






domingo, decembro 17, 2017

CONCERTO DE NADAL

O venres 15 de decembro viñeron ao colexio a darnos un concerto de panxoliñas. Algúns membros da fundación IGUAL ARTE deleitáronnos coa súa música navideña. Os alumn@s do noso colexio tamén puideron participar en algúns momentos inolvidables.

venres, decembro 15, 2017

Portas de Nadal

Por primeira vez quixemos decorar as portas da nosa aula con motivos navideños. Que bonitas!!!!!

Recomendacións lectoras.

Estas son as recomendacións lectoras deste curso que imos a traballar na aula. Teremos a posterior visita do autor para firmar os libros. Despois do Nadal deben traelos ao cole.


O libro escollido para 1º, 2º e 3º de educación primaria é un libro solidario que se chama a: "A SUPERAVOA DE ANTÓN", onde a recaudación integra irá  destinada á fundación "Meniños".
Podedes ver este video para saber máis.

                         



xoves, decembro 07, 2017

Decorando as árbores da rúa.

Este ano por 2ª vez animámosnos a decorar as árbores da rúa, preto do noso colexio. A verdade, quedaron fenomenal!!!! Grazas ás familias do Anpa pola súa colaboración.


mércores, decembro 06, 2017

Chega o Nadal

            O Nadal tamén chega ao noso cole; así de adornado o puxeron as profes do cole.




                       Na biblioteca, tamén Igrexiño está rodeado de libros navideños.







Visita aos bombeiros

Os alumn@s de 2º e 3º de educación primaria fixeron unha saída  para visitar o parque de bombeiros de Vigo. Esta saída está moi relacionada có proxecto, xa que a axuda, a cooperación....están moi presentes nesta profesión.




sábado, decembro 02, 2017

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O domingo 3 de Decembro, celébrase o "día internacional da diversidade funcional". Como centro comprometido coa ATENCIÓN Á DIVERSIDADE e o respecto as diferenzas individuais fixemos ao longo da semana actividades có noso alumnado nas aulas, ademáis da realización dun mural e a visualización do corto "CUERDAS".









  • sábado, novembro 25, 2017

    Os nen@s do noso cole, políticos por un día.

    Os nen@s de 5º de primaria do noso cole, participaron en Redondela nun pleno Municipal e foron políticos por un día.
    Nese pleno especial os nosos alumn@s solicitaron unha mellor accesibilidade e maior atención á diversidade, baixo o lema "TODOS SOMOS DIFERENTES". Trasladáronlle incluso ao propio  alcalde pictogramas para a súa colocación na casa do Concello e no Multiusos que servirán para mellorar esa accesibilidade.
    Felicitacións por ese gran traballo.


                 

    Premio Cervantes

    O escritor nicaragüense Sergio Ramírez gaña o premio Cervantes, galardón máis importante das letras en lingua castelá.

                                      



                                                 

    VENRES CANTOR NOVEMBRO

    Venres cantor novembro. "Fun ao mercado".

    Non ao maltrato

     O día 25 de novembro celebramos o día mundial da violencia de xénero.








    luns, novembro 20, 2017

    Día universal da infancia

    O 20 de Novembro celébrase o día mundial da infancia. No noso cole tamén o quixemos celebrar.







    domingo, novembro 19, 2017

    O soldadiño de chumbo

    "O soldadiño de chumbo" é un gran conto escrito por Andersen. Éste é o que van traballar os alumnos de 2º de educación primaria.
    A forza de vontade, a valentía, o tesón, o amor...son algúns dos valores a traballar con este precioso conto.



    A abella traballadora

    "A abella traballadora" é o conto que traballan os alumnos de 1ª de educación primaria relacionado có proxecto.
    A colaboración, o traballo, a cooperación, a amizade.....valores importantes a traballar cós nenos e nena.


                                        Resultado de imaxes para la abeja trabajadora




    Serie de debuxos animados: "La colmena feliz".

    PREMIO PLANETA

    Javier Sierra foi o gañador do Premio Planeta este ano, e a  finalista foi Cristina López Barrio. O luns 13 de Novembro firmaron libros en Vigo. Noraboa aos dous.


    MARIE CURIE

    O 7 de novembro fixo 150 anos do nacemento de Marie Curie. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel. No seguinte enlace podedes ver un texto de Galipedia sobre a biografía de Marie Curie


                             

    sábado, novembro 11, 2017

    MAGOSTO

    O venres fixemos o magosto; pasámolo moi ben; para o ano máis. Grazas as familias pola súa colaboración.

    mércores, novembro 08, 2017

    Chega o magosto

    O próximo venres temos no cole o magosto, este ano cunha novidade, imos todos a tomar un pequeno bocadillo de chourizo. A desfrutar!!!!!













    mércores, novembro 01, 2017

    SAMAÍN

    Outra vez o Samaín;grazas as familias temos sempre unha gran exposición de cabazas.


    Concurso Samaín

    Como en anos anteriores fixemos o concurso de Samaín. Os máis maiores escribiron un relato e os máis pequenos fixeron un debuxo. Grazas a todos por participar e felicidades aos premiados.





    venres, outubro 27, 2017

    Venres cantores

       Empezamos con forza os venres cantores, xa que o profesor de música Carlos, acompañou coa guitarra a nosa canción.







    xoves, outubro 26, 2017

    Exposición de portas decoradas

    Este ano, por primeira vez, decoramos as portas das aulas con temática do samaín. Espero que vos gusten.








    Maletas viaxeiras.

    Un ano máis empezan a funcionar as maletas viaxeiras. Este curso, como todos sabedes, traballamos os valores, tan importante para os nosos pequenos. Esperamos a vosa colaboración. Grazas de antemán.



                   



    mércores, outubro 25, 2017

    "A bruxa regañadentes"

    Aquí vai o conto. Da medo!!!!!!!

    Semana de medo!!!

    Xa temos a decoración do samaín no cole. Soamente faltan algúns retoques e a chegada das cabazas decoradas polas familias.










    luns, outubro 23, 2017

    Día das bibliotecas escolares

    O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. É importante fomentar aos nen@s a lectura, animándoos a leer en todo momento. Aproveitando esta semana empezarán a saír as maletas viaxeiras ás casas. Os alumn@s de educación primaria sempre levan libros de préstamo e os de educación infantil tod@s os venres. Fanse a cotío actividades na biblioteca e recibimos tamén autores.







    xoves, outubro 19, 2017

    Visita ao "FARO DE VIGO"

    O martes 17 de outubro, comezamos a nosa viaxe cunha primeira parada moi cerquiña do Cole, no "FARO DE VIGO". A través das noticias que alí lemos, e despois dos incendios desta fin de semana, aprendemos moitos valores como: a preocupación polo mundo que nos rodea, polos demáis e pola sociedade en xeral. Todas elas desprendían un VALOR do que nos temos que sentir moi orgullosos
    "SOLIDARIEDADE".




    luns, outubro 16, 2017

    García Teijeiro

    O escritor vigués Antonio García Teijeiro foi galardoado có Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro de poemas Poemar o mar.



    Este poemario forma parte dunha triloxía que se completa cós libros: En la cuna del mar e Palabras do mar. Nestas obras o mar é o protagonista.






    sábado, outubro 14, 2017

    OSCAR WILDE


         O día 16 de outubro celébrase o nacemento de Oscar Wilde. Foi un escritor, poeta e dramaturgo británico, famoso polo seu habitual inxenio e sarcasmo social. Naceu no ano 1854 en Dublín, nunha familia aristócrata. Faleceu en París no 1900. Entre as súas obras destacamos: "El retrato de Dorian Gray", "La importancia de llamarse Ernesto", "El gigante egoísta", "El príncipe feliz", "El fantasma de Canterville"...



    Resultado de imagen de oscar wildeImagen relacionadaResultado de imagen de el gigante egoista




    sábado, outubro 07, 2017

    "Pinocho"

    "Pinocho" é o conto elexido polos alumnos de 5 anos para traballar os valores.
    "Pinocho" é a marioneta de madeira protagonista do libro "Las aventuras de Pinocho", escrito por Carlo Collodi, e publicado nun xornal italiano entre 1882 e 1883, cós títulos
    "Storia di un Burattino" (Historia dun títere") e "Le avventure di Pinocchio" (las aventuras de Pinocho). Neste libro trabállanse moitos valores: a  amizade, a verdade , a obediencia, o respeto, entre outros.