mércores, outubro 31, 2018

PORTAS SAMAÍN

Por segundo ano consecutivo, quixemos decorar as portas da clase coa temática da festa do Samaín. Gran traballo realizado por todo o alumnado e o profesorado.

 

martes, outubro 30, 2018

CONCURSO SAMAÍN

Nestes días organizamos un concurso de debuxos e relatos de medo. Haberá agasallos para os mellores traballos. Igrexiño xa ten gardados os premios.👏👏👏


 


Libros de medo!!!!

Existen moitas lecturas de medo para traballar nestas festas. Aquí vai algunha mostra.😉

                                           Resultado de imaxes para libros samain

         Resultado de imaxes para libros samain   Resultado de imaxes para libros samain

Días de medo!!!

Estes días no cole temos varias actividades de Samaín. A decoración xa está lista!!!










Políticos por un día

Como o ano pasado, o alumnado de 5º de Educación primaria, acudiron a Redondela para participar nun pleno do Concello, como si foran políticos. A experiencia é moi positiva.


Maletas viaxeiras

Xa empezan de novo a funcionar as maletas viaxeiras.  Este curso traballamos a alimentación.
Grazas familias pola vosa colaboración.😊



  


 






 

domingo, outubro 28, 2018

Obradoiro Samaín

O alumnado de Educación Infantil fixemos o noso primeiro obradoiro de cociña. Resultou moi entretido. Elaboramos escobas de queixo, dedos sangrientos con salchichas, fantasmas con plátanos e arañas con galletas. 👏👏


domingo, outubro 21, 2018

Día das bibliotecas escolares

O día 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas escolares. Este ano teremos unhas actividades nas que participará todo o alumnado. 😊




 



xoves, outubro 18, 2018

A TROPA DE TRAPO

O día 17 de de outubro , o alumnado de 3º e 4º de educación Primaria, tiveron a primeira saída ao teatro. A obra era "TI TAMÉN CONTAS" da compañía "A TROPA DE TRAPO".



luns, outubro 15, 2018

Poéticas diversas na biblioteca escolar



POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel.