sábado, decembro 21, 2019

Desfile de estrelas

Antes de comezar a festa de fin de ano, o noso alumnado posou na alfombra vermella como auténticas estrelas.



venres, decembro 20, 2019

Gañadores postais de Nadal

Este ano as postais foron moi bonitas. Aquí deixovos aos gañadores. Felicidades para tod@s




Taller de Nadal

A familia de Sergio Vigo realizou un taller de Nadal na clase de 4 e 5 anos. Realizaron una campana cun vaso de iogurt. Grazas a familia pola súa colaboración.








xoves, decembro 19, 2019

Melchor visita o colexio

O Rei Melchor visitou o noso colexio para recoller as cartas dos máis cativos e repartir caramelos para todo o alumnado.  GRAZAS.


domingo, decembro 15, 2019

Colaboración navideña entre o Ceip Igrexa Chapela e o IES Pazo da Mercé

O alumnado do  Ceip. Igrexa Chapela, quiso agradecer aos alumn@s do IES Pazo Da Mercé que gravaron uns vídeos lendo contos para eles no "Día das bibliotecas escolares", debuxando unhas postais de Nadal que recibiron no noso centro con moito agrado.
 

 







BO NADAL

Dende o equipo de BIBLIOTECA e NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, desexámosvos un Feliz Nadal e un próspero Ano Novo. 🧨✨🎄







sábado, decembro 14, 2019

Taller de magdalenas

O alumnado de Educación Infantil realizamos un taller de magdalenas navideñas. Pasámolo fenomenal.

luns, decembro 09, 2019

Decorando renos

O concello de Redondela mandounos ao colexio 2 renos para decorar entre todos. Esos renos usaránnos para decorar a vila. Moi bo traballo por parte do alumnado e o profesorado implicado.👏




domingo, decembro 08, 2019

Recomendacións lectoras

As recomendacións lectoras deste curso son as seguintes:

Para educación Infantil e 1º deEducación Primaria.

            Para 2º  "Misión extraterrestre de Memi".

Para 3º e 4º  de Educación Primaria.


Para 5º e 6º de Educación Primaria.

Os libros deberán traelos ao colexio despois do Nadal, e como en anos anteriores recibiremos a visita do autor para firmalos.

martes, decembro 03, 2019

Experimentos espaciais

O alumnado de 3º, 4º e 5ºde  Primaria tiveron a sorte de desfrutar dun taller de experimentos  que unha  mamá de 3º veu a facer con moita ilusión, empregando CO2: nubes, nebulosas, pompas xigantes...
Grazas pola colaboración tan desinteresada.



DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O día 3 decembro celébrase o "Día da diversidade funcional". No colexio celebrámolo con todo o alumnado











domingo, novembro 24, 2019

Non ao maltrato

O día 25 de Novembro celebramos o día internacional sobre a violencia de xénero. No colexio realizamos diferentes actividades onde tamén incluímos a igualdade.



Recibimos a maleta de Igualdade e traballamos con ela.














venres, novembro 22, 2019

Visita a Naturnova

E alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizaron unha saída a Vigo para visitar Naturnova. Moi bonitas fotos desta saída.


mércores, novembro 20, 2019

DÍA DA INFANCIA

O 20 de Novembro celébrase o día da infancia. O alumnado de Educación Infantil fixemos un mural para conmemorar este día. Espero que vos guste.









domingo, novembro 17, 2019

MAGOSTO

Este ano é o primeiro magosto no colexio novo. Comimos as castañas e fixemos uns xogos con títulos relacionados co proxecto deste curso. Pasámolo moi ben.


luns, novembro 11, 2019

Matemaxia

Os alumno@s de 5º e 6º de primaria asistimos a un espectáculo de "MATEMAXIA". Nel aprendemos que as matemáticas poden ser moi divertidas.
Estivo organizado por normalización lingüística do Concello de redondela.


domingo, novembro 10, 2019

Outono en infantil

En Educación  Infantil realizamos diferentes actividades de outono. Ahí van!!!  😊




sábado, novembro 02, 2019

SAMAÍN NO COLE

Un ano máis grazas ás familias polas calabazas tan bonitas que mandastes. Este ano relacionadas co proxecto "VIAXE ESPACIAL CON IGREXIÑO". 👏👏👏👏👏


venres, novembro 01, 2019

Samaín en Infantil

En Educación Infantil realizamos diferentes actividades polo samaín. Ahí van!!!!


xoves, outubro 31, 2019

Concurso de debuxos e relatos de medo

Un ano máis o noso concurso de debuxos e relatos de medo. Noraboa para os premiados e grazas a todos por participar, os traballos eran excelentes. 😉


domingo, outubro 27, 2019

Samaín

Xa estamos de novo na semana do Samaín. No noso cole temos a exposición de libros relacionados. Feliz Samaín!!!







Día das bibliotecas escolares

No día das bibliotecas escolares, o 24 de outubro, no noso centro colaboramos co I.E.S. PAZO DA MERCÉ  das Neves. Algúns alum@s de 2º da ESO e FPB1, gravaron varios vídeos lendo contos para o alumnado máis pequeno; para  educación Infantil e 1º  e 2º de Educación Primaria.
Grazas ao instituto por colaborar con nós.























venres, outubro 25, 2019

Maletas viaxeiras

Coincidindo coa celebración do "Día das bibliotecas escolares", póñense xa a funcionar as maletas viaxeiras. Esta curso Viaxaremos con Igrexiño ao espacio. "VIAXE ESPACIAL CON IGREXIÑO" é o tema do noso proxecto. Animádevos a participar.






xoves, outubro 24, 2019

Día das bibliotecas escolares

O día 24 de outubro celébrase o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". No centro realizamos diferentes actividades.
Estes son algúns traballos do alumnado de Primaria:"QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?"




domingo, outubro 20, 2019

Biblioteca escolar, "Viveiro de cidadanía"

Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía é o lema das Bibliotecas escolares para este curso.        
                                    
O que se pretende con este lema e destacar as posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa.
A biblioteca debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Información no blog das bibliotecas escolares.

mércores, outubro 16, 2019

Entrega do Premio Planeta 2019

O día 15 de outubro de 2019 é, tradicionalmente, a data escollida para a entrega do LXVIII Premio Planeta de novela, o galardón literario máis coantioso da literatura española.

Os premiados este ano son:

Ganador: Javier Cercas coa novela Terra alta"
Finalista: Manuel Vilas coa novela "Alegría"

luns, outubro 14, 2019

Día das escritoras


Dende as bibliotecas escolares invítannos a celebrar o día das escritoras:


"O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria".

No noso centro potenciamos a lectura de libros de escritoras en lingua galega.

 Recibimos a visita de : Fina Casalderrey. Alicia Borrás , Ledicia Costas, María Canosa. entre outras.










domingo, outubro 13, 2019

Outono chegou

De novo o outono, castañas, magostos, samaín...Non debemos esquecer a lectura, en calquera estación o mellor é ler.














sábado, outubro 12, 2019

Saída á senda da auga

Aproveitando o comezo do outono, o alumnado de Educación Infantil saímos a camiñar pola senda da auga. Recollimos follas, castañas e bellotas. Os alumn@s de 5º de Educación Primaria acompañáronnos e estiveron moi pendentes dos máis pequenos. Pasámolo fenomenal!!!


Maxia "De catro a catro"

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha actuación de maxia no multiusos de Chapela.
Pedro Burarín encandilou a os nen@s cós seus trucos do espectáculo: "De catro a catro".



venres, setembro 27, 2019

Día Europeo Do Deporte Escolar

O día 27 de Setembro , es el "DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR". O obxectivo deste día é promover e fomentar a actividade física e a saúde entre o alumnado a través de diferentes xogos nos que o deporte sexa o protagonista indiscutible.


Semana Europea da movilidade

  Dende o 16 ao 22 de setembro celebramos a "Semana europea da movilidade". É unha campaña dirixida a sensibilizar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o coidado da creación.
 Dende as escolas debemos fomentar e informar sobre os beneficios do uso de modos de tranporte máis sostibles como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.








domingo, setembro 15, 2019

De volta ao cole!!

Hola nen@s:
Xa estamos de volta. Espero que o pasáredes moi ben nas vacacións de verán.
Este curso imos a traballar con Igrexiño o espacio "VIAXE ESPACIAL CON IGREXIÑO".
Como todos os anos "O día das bibliotecas escolares" 24 de outubro poñeremos a funcionar as maletas viaxeiras.
Aproveitando que Igrexiño veu de Xupiter imos coñecer co él o universo, os planetas, expedicións espaciais...

Hai algúns anos fixemos no colexio un conto relacionado con este tema. Deixóvolo para que o vexades.


Espero que teñades un feliz comezo de curso.





xoves, xullo 11, 2019

FELICES VACACIÓNS!!!

Dende a biblioteca desexámosvos unhas felices vacacións!!! Pronto descubriremos o proxecto para traballar o próximo curso. Saúdos!!!

mércores, xuño 19, 2019

Excursión fin de curso

Este ano fomos de excursión de fin de curso á granxa "Kiriko".


martes, xuño 18, 2019

Taller en Infantil

As familias seguen animándose  a facer talleres no colexio; neste caso a 6º de Educación Infantil acudiu outra familia a facernos un taller moi interesante. Ao alumnado gustoulle moito, rematamos cunha merenda moi especial.😊



luns, xuño 17, 2019

Elaboramos pizza

O alumnado de Educación Infantil de 5 anos tivemos un taller de cociña. Unha familia veu a clase para elaborar pizzas co alumnado. Grazas a esta familia pola súa colaboración e paciencia.😊


sábado, xuño 08, 2019

Taller de cociña

O alumnado de educación infantil de 3 e 4 anos fixeron unha pizza moi especial, só utilizando productos ecolóxicos. Estaba boísima !!!





mércores, xuño 05, 2019

Día mundial do medio ambiente

O  5 de xuño celébrase o día mundial do medio ambiente. Fagamos que o alumnado valore a importancia de coidalo e protexelo.


                          No colexio traballamos o medio ambiente e a alimentación ecolóxica