domingo, marzo 31, 2019

Chegou a primavera

A primavera chegou. Hai moitos poemas e libros relacionados coa primavera, merece a pena leelos.







venres, marzo 29, 2019

Diario de Greg

A biblioteca acaba de adquirir a colección "O DIARIO DE GREG". Xa está a disposición do alumnado para o préstamo. 👏👏👏
 O Díario de Greg é unha serie de libros escritos por Jeff Kinney, que conta de forma cómica a historia de Greg Heffley, un adolescente que comeza a Educación Secundaria.






domingo, marzo 24, 2019

DÍA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, celebramos o día mundial da poesía. A poesía sempre fascinante, debería estar presente sempre nas nosas vidas.



Querevos dar a coñecer a MAR BENEGAS, poeta e escritora de libros para nenos e adultos. Destaca pola súa poesía infantil, os seus poemas atrapan aos máis pequenos.



Algúns dos seus libros de poemas que recomendamos para os cativos....Seguro que vos atraparán...











xoves, marzo 21, 2019

Alimentación ecolóxica

O pasado 20 de Marzo, tivemos un obradoiro sobre a importancia da alimentación ecolóxica.
Foi moi interesante e esperamos que o alumnado sacara proveito de todo o ensinado.

 

Xa temos composteiro

Miguel, o Concelleiro de medio Ambiente do Concello de Redondela, trouxo un composteiro para o colexio. Colocouse preto co comedor para poder botar os desperdicios das comidas con facilidade.


sábado, marzo 16, 2019

Dereitos do consumidor



      O día 15 de marzo celebrase o día dos dereitos dos consumidores;  no noso colexio quisemos transmitir a importancia do consumo responsable e o coidado do medio ambiente. O alumnado de 3 e 4 anos fixeron un mural baseándose no "ÁRBOL DA VIDA" de Gustav Klimt utilizando tapóns de plástico.





xoves, marzo 14, 2019

Alimentación ecolóxica e coidado do medio ambiente

      Empezou xa a viaxar a maleta viaxeira coa 2ª parte do proxecto: "Alimentación ecolóxica e coidado do medio ambiente".

   Os alimentos ecolóxicos, biolóxicos, orgánicos que proveñen de vexetais ou animais no que no cultivo ou crianza non se utilizaron pesticidas ou productos químicos, hormonas ou medicamentos, e que non se someteron a procesos artificiais ou forzados, chámanse alimentos ecolóxicos. Os pesticidas e outros recursos empregados para a súa producción son naturais, non sintéticos e se axustan a normas sobre materias permitidas, restrinxidas e prohibidas.

     Queremos que os alumn@s coñezan un pouco sobre este tema, por iso nesta 2ª parte do proxecto traballaremos sobre a alimentación ecolóxica e o coidado do medio ambiente.  




  
     

venres, marzo 08, 2019

Día da muller traballadora

O día 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora. No colexio fixemos un mural en colaboración con todo o alumnado.

    
                            




xoves, marzo 07, 2019

Obradoiro

O xoves 28 de febreiro, tivemos un obradoiro de leite e productos lácteos. Na charla o alumnado aprendeu a importancia de consumir diariamente algún producto derivado do leite.


domingo, marzo 03, 2019

Entroido 2019


No cole, tivemos un entroido moi colorido; o alumnado pasouno moi ben. Grazas as familias pola vosa colaboración. Feliz entroido¡¡¡  😊