venres, maio 31, 2019

FAITE ECO DO LÓXICO

Hoxe todo o alumnado recibiu unha charla do PLAN PROXECTA: "FAITE ECO DO LÓXICO".
Faláronlle sobre a importancia da alimentación ecolóxica.





mércores, maio 22, 2019

Laboratorio de palabras

O pasado luns, o alumnado de Educación Infantil tiveron a sorte de participar nun obradoiro moi divertido. "VERBATECA" Laboratorio de palabras". Mediante xogos aprenderon palabras en galego


luns, maio 20, 2019

Lóstrego

Un ano máis a nosa revista lóstrego. Este ano moi vistosa e como sempre elaborada por todos con moito cariño.






Maratón das letras galegas

Como todos os anos os colexios de Chapela xuntámonos para festexar "O día das letras galegas". Faixe un maratón onde participa o alumnado e os mestres. 👏😊


  
   

martes, maio 14, 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 17 de maio celebrase o "Día das letras galegas", este ano están dedicadas a Antón Fraguas.
Grande escritor galego moi preocupado polas costumes e o folclore galego. Aquí amosamos unha montaxe realizada por mestras do colexio.

sábado, maio 04, 2019

Visita Iago López

O día 2 de Maio visitou o noso colexio Iago López (Ourense 1977), gran escritor galego, mestre de Educación Infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como "Marañao" ou "Chespir teatro. Como autor de literatura infantil publicou os álbums "O cociñeiro Martiño"  e o "Cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas".