9.5.18

Unha lección de "VIDA" nas nosas aulas

O día 7 de Maio, o actor e director RUBÉN RÍOS, visitou o noso centro para presentarnos a súa curta "VIDA", acompañado pola súa protagonista principal, MÓNICA FERREIRO".
Esta fermosa curtametraxe, protagonizada por persoas  con discapacidade funcional, nos da unha lección de "VIDA" facéndonos ver que as LIMITACIÓNS as temos nós na nosa mente e na forma en como miramos as persoas con Diversidade Funcional.
 Mil Grazas a Rubén Ríos por este fermoso traballo que nos facilita a nosa labor como mestres que loitamos pola normalidade da Diversidade Funcional.














5.5.18

XOGOS POPULARES

Como cada ano o alumnado de 6º de Educación Primaria acuden ao instituto para facer uns xogos populares con outros alumnos de Chapela. Tamén participan os de 1º da E.S.O;  día de convivencia entre coles.

O PARAUGAS DO XOSÉ

"O paraugas do Xosé" é a canción do venres cantor do mes de maio.




27.4.18

Antón comodón

Os alumnos de educación infantil y 1º de E. primaria foron ao teatro a ver "Antón comodón".
Gustounos moito.











25.4.18

Redondela en curto

Que bonita experiencia a saída dalgúns alumnos a Redondela. As fotos así o demostran.



23.4.18

DÍA DO LIBRO



Os nosos padriños e madriñas lectores para celebrar o día do libro.



   










Alicia Borrás

Alicia Borrás visitou o noso cole e estivo cós nen@s de educación infantil. Pasáronno moi ben.



21.4.18

LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas visitou o noso cole e acompañou ao alumnado na súa aventura coa "Señorita Bubble". Grazas Ledicia pola túa visita.



VISITA AO PAZO DE OCA

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron "O PAZO DE OCA". Viñeron moi contentos da saída; e as fotos o demostran.




15.4.18

ARTE LIXO

Este ano participamos na exposición de arte lixo de Redondela. No colexio fixemos entre todos unha obra que quedou espectacular; o resultado foi o esforzo de todo o alumnado e do profesorado. Grazas tamén ás familias por traer tanto material de refugallo.








5.4.18

Día internacional do Libro Infantil

O  2 de abril celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL", coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Nesta data búscase promocionar os bos libros infantiles e xuveniles e a lectura entre os máis xóvenes.
     
 

1.4.18

Día mundial da concienciazión do autismo


O día 2 de Abril celebramos o "Día mundial da concienciación sobre o autismo".  Nas aulas realizaronse diferentes actividades.














                       


                         






Premio anaya de literatura infantil e xuvenil.

O escritor Pedro Mañas, foi o gañador do XV premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil co seu relato titulado "Apestoso tío Muffin" que será publicado neste mes de abril.
Esta obra dirixida a lectores a partir de 9 anos, destaca por ser unha novela afectiva con unha linguaxe moi viva. Trátase dunha historia que atrapa dende o principio, o humor está moi presente e aparecen temas coma o medo e o feito de xulgar a alguén polas súas apariencias.






17.3.18

DÍA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, celébrase o "DÍA DA POESÍA". Aquí os mando algúns libros de poesía para nen@s.








A superavoa de Antón

O 9 de Marzo tivemos a visita de Javier Domínguez, autor do libro "A superavoa de Antón". Ademáis de contar o conto ao alumnado, fixeron un taller con pedras de río para facer algunha das personaxes. Ao rematar firmou o libro a todos. Foi unha visita moi enriquecedora.







16.3.18

Subamos ao tren dos valores con Igrexiño

A 1ª parte do proxecto rematou. Grazas familias pola vosa participación. Sempre tedes moi boas ideas. Grazas!!!!!!!!!!!!


9.3.18

TAM

Os amantes do comic  están de noraboa. Acaba de saír publicado o primeiro manga en galego.



A autora é unha rapaza nova que se fai chamar "Anémona de Río", alumna do Garaxe Hermético, que é unha escola profesional de Banda deseñada e ilustración.
Tam conta a historia dunha rapaza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos alumnos . A partir de aí xorde unha trama na que se analizan os ataques ao aspecto físico da muller por parte da sociedade e a influencia tiránica do mundo da moda entre os gustos da xuventude.
A autora presentou a súa obra na tenda de Comics "Banda Deseñada" de Vigo. Aquí os deixo unhas fotos.







  

8.3.18

Día da muller traballadora


Escritoras de todos os tempos, na celebración do" DÍA DA MULLER TRABALLADORA"







4.3.18

Súbete ao tren dos valores con Igrexiño!!!

    A primeira parte do proxecto está a chegar ao seu fin.....
    O noso tren fixo paradas que xamáis esqueceremos, e para mostra, este power- point feito por unha familia do centro, que reflexa a nosa fermosa viaxe pola senda dos VALORES.
    Vos animades a acompañarnos e así, todos xuntos, disfrutar dela.
     Pois ...............ALÁ IMOS !!!


26.2.18

Juan Compañel

Faltaban os alumnos de 5º e 6º de Primaria para visitar a biblioteca Juan Compañel. Parece polas fotos, que tamén disfrutaron con esta visita.



25.2.18

CIENCIA EN MOVEMENTO

A pasada semana o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, asistiron a un taller de ciencia no propio colexio. Pasáronno fenomenal!!!



Venres cantores

Venres cantor de Febreiro.







23.2.18

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de Febreiro celebramos o día de Rosalía De Castro, coincidindo coa data do seu nacemento.
No colexio celebrámolo, decorando as fiestras con traballos realizados polo alumnado sobre esta grande autora galega.












12.2.18

Futbolísimos

A biblioteca do centro adquiriu para o colexio a colección de libros de "Futbolísimos", unha mistura entre fútbol e o misterio que trata con humor valores como a educación, o deporte, o traballo en equipo e a amizade. En primaveira estrease a 1ª película sobre estes libros. Estas lecturas están tendo moita acollida entre o alumnado.








11.2.18

ENTROIDO 2018

Un ano máis o tempo meteorolóxico deixounos saír para facer o pasacalles. Grazas a todas as familias por acompañarnos neste día.




3.2.18

Visita biblioteca JUAN COMPAÑEL


O alumnado de educación infantil visitamos a biblioteca municipal de Vigo "JUAN COMPAÑEL". Outros días irán tamén o alumnado de educación primaria. Os pequenos pasáronno fenomenal!!!!











1.2.18

Ordes do Meco

Como todos os anos, aquí tedes as ordes do Meco, que comezamos o luns. Este ano máis orixinal, cantadas por un dos cursos do noso cole. Feliz Entroido!!!!!