8 jun. 2019

Taller de cociña

O alumnado de educación infantil de 3 e 4 anos fixeron unha pizza moi especial, só utilizando productos ecolóxicos. Estaba boísima !!!





5 jun. 2019

Día mundial do medio ambiente

O  5 de xuño celébrase o día mundial do medio ambiente. Fagamos que o alumnado valore a importancia de coidalo e protexelo.


                          No colexio traballamos o medio ambiente e a alimentación ecolóxica



4 jun. 2019

FACÉNDONOS ECO DO LÓXICO


Montaxe dalgunha das actividades feitas no centro relacionadas coa 2ª parte do proxecto relacionado coa alimentación ecolóxica.




31 may. 2019

FAITE ECO DO LÓXICO

Hoxe todo o alumnado recibiu unha charla do PLAN PROXECTA: "FAITE ECO DO LÓXICO".
Faláronlle sobre a importancia da alimentación ecolóxica.





22 may. 2019

Laboratorio de palabras

O pasado luns, o alumnado de Educación Infantil tiveron a sorte de participar nun obradoiro moi divertido. "VERBATECA" Laboratorio de palabras". Mediante xogos aprenderon palabras en galego


20 may. 2019

Lóstrego

Un ano máis a nosa revista lóstrego. Este ano moi vistosa e como sempre elaborada por todos con moito cariño.






Maratón das letras galegas

Como todos os anos os colexios de Chapela xuntámonos para festexar "O día das letras galegas". Faixe un maratón onde participa o alumnado e os mestres. 👏😊


  
   

14 may. 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 17 de maio celebrase o "Día das letras galegas", este ano están dedicadas a Antón Fraguas.
Grande escritor galego moi preocupado polas costumes e o folclore galego. Aquí amosamos unha montaxe realizada por mestras do colexio.

4 may. 2019

Visita Iago López

O día 2 de Maio visitou o noso colexio Iago López (Ourense 1977), gran escritor galego, mestre de Educación Infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como "Marañao" ou "Chespir teatro. Como autor de literatura infantil publicou os álbums "O cociñeiro Martiño"  e o "Cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas".




                                           

24 abr. 2019

Festival de curtometraxes Andaina

Nova edición do certamen de curtometraxes de Redondela,  parte do alumnado do centro foi a participar e pasáronno moi ben.😊


23 abr. 2019

Día do libro


 Hoxe é  o día do libro. Cada 23 de abril celébrase este día en honor  a dous grandes escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare, finados  ambos casualmente un 23 de abril de 1616.
No noso colexio fixemos os padriños e madriñas lectores que tan boa acollida ten entreo noso alumnado.
   







Coñecendo a loita libre

O martes 9 de abril os nenos/as de cuarto de primaria tivemos unha pequena práctica sobre a loita libre.Pasámolo xenial!