mércores, novembro 25, 2020

25-N

 Hoxe, 25 de novembro, no CEIP Igrexa Chapela celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con diversas actividades relacionadas coa igualdade

Para iso, fixemos lecturas de contos, detectamos a lenguaxe sexista e analizamos cancións relacionadas co tema. Ademais, co alumnado de 6º EP escoitamos versións dende "o outro punto de vista" cambiándolle a letraeliminando o machismo que nelas se apreciaba.

A continuación vos deixamos algúns exemplos. 

Libros sobre a igualdade entre homes e mulleres.


Canción "Hawaii" versión Beatriz Luengo.





xoves, novembro 19, 2020

RECUNCHO

Xa temos o noso recuncho de "Igrexiño fai o camiño" preparado! 

Velaquí podedes ver como vai quedando despois de recibir algunhas achegas das familias que levaron as mochilas viaxeiras. Sodes uns/unhas artistas!




martes, novembro 10, 2020

CREDENCIAL LECTORA

 Xa temos preparada as nosas credenciais lectoras!

 A cubriremos cun selo cada vez que rematemos unha lectura, superando cada etapa (trimestre) co fin de completar este camiño -chamado curso- con todas as casillas cubertas.


 Unha vez renchida, obterán "A Compostela", o diploma que acredita que fixeron o Camiño Lector con éxito!

luns, novembro 09, 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

 O pasado venres, 6 de novembro, as mochilas viaxeiras comezaron as súas andainas polas casas dos discentes e as súas familias, preparadas para vivir unha chea de aventuras e volver cargadas de novas e distintas experiencias compartidas entre toda a comunidade educativa.

 

Este ano, debido a situación sanitaria na que nos atopamos, repartiranse polas aulas cada venres e volverán ao colexio os xoves, deixándoas en corentena ata o venres da semana seguinte para que poidan seguir viaxando sen perigo.

De antemán, grazas unha vez máis pola vosa colaboración! 

CON IGREXIÑO FACEMOS O CAMIÑO