luns, febreiro 24, 2014

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para festexar o día de Rosalía de Castro, no noso centro imos realizar diferentes actividades.

Xogo de pistas: durante toda a semana xogaremos a adiviñar a obra oculta na biblioteca do noso centro. Con este xogo tan divertido coñeceremos un pouco máis o funcionamento da biblioteca.




Cancións sobre Rosalía: Esta semana traballaremos con cancións diferentes relacionadas con Rosalía:




Ademáis os nosos compañeiros do CEIP de Laredo (Chapela) compartiron conosco o seu troquelado. Moitas grazas!!!

A biblioteca do CEIP Santo Paio de Abaixo (Reboreda) compartiu un wix sobre Rosalía de Castro e o poema musicado "Adios Ríos, Adiós fontes" en LSE. Bravo!!! (para ir ao enlace preme a imaxe)

http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/







xoves, febreiro 20, 2014

TANXARINA; VISITA AOS TÍTERES



  O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria fomos a unha actuación de títeres a cargo da compañia Tanxarina.    Nela aprendemos moito sobre os tipos de títeres, a súa manipulación e os materiais cos que se fabrican como cartón-pedra, madeira, tela... 
 Algúns dos tipos de títeres que nos amosaron foron: Bariña, luva, vara, brocha, sombras chinesas, etc. Tamén  nos mostraron o seu funcionamento mediante breves representacións.




venres, febreiro 14, 2014

O 14 de febreiro...

Na nosa biblioteca tamén imos celebrar o San Valentín como se merece. Para elo traballaremos o día de hoxe con dous libros da biblioteca coa temática amorosa. Os libros serán:


Tamén vos propoñemos que vexades este curtometraxe tan bonito chamado "Paperman":



Vos deixo tamén o estupendo traballo do alumnado de 3 anos do CPI de Mondariz co conto Crocodilo Namorado de Daniela Kulot




Déixovos ademáis o enlace da biblioteca CPI Cañiza onde nos propoñen frases e lecturas amorosas: Clicade na imaxe para acceder ao recurso:





luns, febreiro 03, 2014

TAREA WEB: Os irmáns grimm

Aquí vos deixo outra tarea-web coa que seguimos traballando os contos clásicos. Neste caso traballaremos cos irmáns Grimm e os seus contos. Clicade na imaxe para ir á páxina web. Seguide os pasos que vaia indicando a tarea.

http://patriflauta.wix.com/hermanosgrimm

UNIDOS POLOS CLÁSICOS: DÍA DA PAZ 2014


Para conmemorar o día da Paz e da non violencia escolar unha das actividades que fixemos no colexio foron carteis sobre os contos clásicos con mensaxes positivas relacionaas co traballo colaborativo, coa amizade... Con todo elo fixemos unha montaxe de video coa técnica stop motion acompañada coa canción "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea que tanto practicamos e que cantamos o día 30 todos xuntos no cole para conmemorar este día. Aquí vos deixo o vídeo para que poidades disfrutar del.