martes, novembro 02, 2021

Máis Samaín!!

 Aquí tedes o resumo do día do Samaín. 

1- Gañadores do relato de medo: noraboa a todos e todas!!!



2- Unha mostra das estacións de Samaín: estación de baile, estación do conto e estación artística. como gozamos!!!



venres, outubro 29, 2021

Un samaín... a toda máquina

 Aquí tedes o vídeo de Samaín coas aportacións das familias. Como gozamos esta semana!!!



xoves, outubro 28, 2021

Mochilas viaxeiras

 Coma todos os anos, saen para as vosas casas as mochilas viaxeiras!! Este ano levan dentro lecturas para gozar en familia, revistas e un caderno con información sobre o proxecto e para que cada familia aporte a súa visión sobre as máquinas.

Aquí teds unhas fotos de como son as mochilas!!

Apertas de Igrexiño




martes, outubro 26, 2021

Día das bibliotecas (24 de outubro)


 O día 25 de outubro clebramos o día das bibliotecas escolares. Alumnas de quinto de primaria fixeron un pequeno concerto para celebrar este día. Dende ese día podemos gozar da biblioteca do noso centro.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos esta semana.

Un saúdo agarimoso!! Igrexiño!!


martes, setembro 14, 2021

Novo curso... a toda máquina


 Bo día familias!!!

Este ano... imos a toda máquina!! Estamos a preparar no centro grandes sorpresas para poder traballar este tema en profundidade.. mentres tanto... imos colleendo o billete e... en marcha!!!




xoves, maio 20, 2021

Diccionario do Peregrino

 Por mor das Letras Galegas e aproveitando que estamos a traballar sobre o Camiño, entre todo o alumnado do colexio fixemos o "Diccionario do Peregrino". Temos no centro verdadeir@s artistas!!!



venres, maio 14, 2021

Letras Galegas 2021: Xela Arias

 O 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas: Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias. Levamos toda a semana traballando coa autora. Dentro do material que traballamos dende a biblioteca, fixemos búsqueda de información, e como non, unha achega aos seus escritos dende diferentes perspectivas: para os máis pequenos a visión de Xela Arias dos Bolechas da súa colección Letras Galegas. para os cursos do medio: Non te amola! que é a incursión da autora á narrativa. Para os maiores traballamos os seus poemas e, sobre todo o libro "Darío a diario", poemario adicado ao seu fillo no que afonda na experiencia da maternidade. Como colofón final, hoxe faremos o Maratón das Letras Galegas que este ano, para os colexios será a súa XXII edición, e estrenamos camiseta!!! Que viva a nosa lingua, que vivan as Letras Galegas!!



venres, maio 07, 2021

Enquisa para as familias

 Aquí vos deixo a enquisa para que as familias contestedes en relación á biblioteca escolar. Moitas grazas familias!

venres, abril 23, 2021

Semana do libro 2021. Primaria

 E aquí temos os traballos feitos polo alumnado de primaria!! Sodes uns artistas!! Noraboa tamén @s mestrxs que colaboraron e montaron os vídeos! Grazas!!!

- 1º de primaria:


 

 2º de primaria:

  

 

 3º de primaria:

  

 4º de primaria:

 

  

 5º de primaria:

:

mércores, abril 21, 2021

Semana do libro 2021

 Imos coa celebración do día do libro!!! Este ano, polas circustancias nas que estamos a vivir,  non imos poder compartir lecturas, nin facer madriñas e padriños lector@s. Pero... iso non significa que non podamos celebrar como se merece o día do libro!!


Aquí van as diferentes proposta sque imos a visionar na clase!!

- Educación infantil (3 anos):

 

Educación infantil (4 anos):


 

  Educaicón infantil (5 anos):

mércores, abril 14, 2021

Retos para facer ata final de curso sobre o Camiño

 Imos xogar un pouco sobre o Camiño, e así tamén investigamos un pouco máis. para elo cada semana abrirase un reto que tedes que superar ata chegar a Santiago de Compostela. Estades preparados?? Aquí van os retos!!


Educación infantil: Traballamos a través do Camiño Portugués. Comezamos a aventura!!



1º de Educación primaria: A través do Camiño do Norte superaremos diferenes retos
2º de primaria: Imos aló. Xogamos co Camiño Francés?? Atención aos retos
3º de primaria: Viaxando polo camiño Inglés traballaremos a nosa parroquia en concreto. Os retos serán sobre a nosa zona.
4º de primaria: A través do camiño Primitivo realizaremos retos moi interesantes ata chegar a Santiago de Compostela
5º de primaria: O camiño primitivo será o encargado de guiar os nosos pasos. Aqui van os retos
6º de primaria. Con propostas máis musicais viaxaremos a través do Camiño Portugués, Preparados??

xoves, marzo 18, 2021

Igrexiño no camiño

 Aquí vai unha proposta para investigar a nosa zona e o camiño de Santiago de Compostela. Espero que gocedes coa proposta!!



luns, marzo 08, 2021

8 de marzo: Día da Muller

 Dende a biblioteca e para conmemorar o 8 de marzo, propomos as seguintes actividades para realizar:

- Xogo con códigos QR: En busca da autora perdida: Realizaremos un xogo con códigos QR para descubrir unha autora da que estamos a traballar. Quen será??? Teremos que buscar pistas na biblioteca!!!

1- Primeira pista: Esta é a cidade na que naceu:

2- E por que non unha canción?? Aquí vai!! Relacionada co Camiño de Santiago:

3- Imos agora traballar sobre un estupendo recurso do Blog: Burbullas de pt: Moitas grazas por compartir!!!!


venres, febreiro 26, 2021

Actividade de Convivencia: Convivindo no camiño

 

 

Este ano comezamos cunha actividade a nivel centro que incluiremos dentro do noso plan de convivencia. Esta actividade está relacionada co proxecto deste ano “ O camiño de Santiago”.  Coa chegada da nosa auxiliar de conversa e a súa explicación de como é o día de San Valentín no seu país, no que as mostras amor non son só as parellas senon tamén a calquera persoa do seu entorno,  xurdiu a idea de que unha mostra de amor tamén é respectarnos  e saber convivir nun entorno. Para conseguilo levamos á práctica en todas as aulas  un sistema de economía de fichas  que se chama “ Convivindo no camiño”. Ao igual que os peregrinos teñen unha credencial que deben selar cada vez que realizan un tramo, cada clase terá a súa pero relacionada coa convivencia. Nela cada grupo de alumnos decide entre eles a norma de convivencia que queren mellorar e en cada sesión que o consigan, ao igual que os peregrinos recibiran un selo.  Cando consigan todos os selos chegaran  ao final do camiño cunha recompensa consensuada c@s profes.


 

xoves, febreiro 25, 2021

Camiño a camiño: Camiño Branco

Fermosos traballos feitos polo alumnado do centro!! Noraboa!! Este ano relacionamos os poemas de Rosalía de Castro co proxecto de centro.

Aquí vos deixamos unha mostra.!!!

















venres, febreiro 19, 2021

Conmemoramos a Rosalía de Castro

 Imos a propor unha serie de actividades para conmemorar o día de Rosalía de Castro: Como tod@s sabedes, celebramos ese día o 24 de febreiro. Aquí van algúns xogos e propostas musicais:

- No cole imos traballar o poema de Rosalía titulado "Camiño Branco", pertencente ao seu libro "Cantares Gallegos".

- Que tal se tamén o cantamos??. Aquí vai esta proposta:

CAMIÑO BRANCO 

Os traballos que realicemos cos poemas estarán no taboleiro da primeira pranta do centro e no blog. A traballar!!!

 - A biblioteca de Antín fixo un estupendo Genia-ly sobre Rosalía: Clicade na imaxe para acceder a el




- Outro genia-ly de Martuky PF:

 


- Blogesquío nos propón esta selección de música: Dádelle ao play!!!


venres, febreiro 12, 2021

Un entroido con sabor a compostela

 Este Entroido foi diferente, pero igual de divertido para o alumnado. Moitos disfraces coloridos e imaxinativos.

Aquí deixamos unha pequena mostra do ben co pasamos e do guapos que viñeron ao centro.

Grazas pola vosa colaboración nas ordes do Meco!!