venres, febreiro 26, 2021

Actividade de Convivencia: Convivindo no camiño

 

 

Este ano comezamos cunha actividade a nivel centro que incluiremos dentro do noso plan de convivencia. Esta actividade está relacionada co proxecto deste ano “ O camiño de Santiago”.  Coa chegada da nosa auxiliar de conversa e a súa explicación de como é o día de San Valentín no seu país, no que as mostras amor non son só as parellas senon tamén a calquera persoa do seu entorno,  xurdiu a idea de que unha mostra de amor tamén é respectarnos  e saber convivir nun entorno. Para conseguilo levamos á práctica en todas as aulas  un sistema de economía de fichas  que se chama “ Convivindo no camiño”. Ao igual que os peregrinos teñen unha credencial que deben selar cada vez que realizan un tramo, cada clase terá a súa pero relacionada coa convivencia. Nela cada grupo de alumnos decide entre eles a norma de convivencia que queren mellorar e en cada sesión que o consigan, ao igual que os peregrinos recibiran un selo.  Cando consigan todos os selos chegaran  ao final do camiño cunha recompensa consensuada c@s profes.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario