venres, abril 24, 2015

DÍA DO LIBRO: PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOR@S

Unha das actividades que fixemos onte para conmemorar o día do libro foi a actividade de padriños e madriñas lectoras que tanto gusta no cole!!! Como veredes este é o resultado de esta actividade tan bonita!!

Seguiremos colgando as actividades que fixemos durante toda a semana! Atent@s!



martes, abril 21, 2015

DÍA DO LIBRO: XOGAMOS CON CÓDIGOS QR

Para conmemorar o día do libro na nosa biblioteca imos xogar coas tablets e cos códigos qr. Estade moi atentos as instruccións da mestra e a xogar!!!

https://sites.google.com/site/bibliotecaigrexino/

luns, abril 20, 2015

Imos ao teatro!!!

Despois de ter traballado o libro "Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas marchamos ao teatro para escoitar a obra en directo e a verdade é que nos encantou!!!! Mirade a cara de asombro que temos!!!


martes, abril 07, 2015

TITORIAL LIBRE OFFICE IMPRESS

Vos deixo un titorial sobre o libre office impress para facer presentacións sobre os vosos traballos. Neste último trimestre de seguro teremos que presentar varios traballos, polo que este titorial nos servirá de axuda. Clicade na imaxe para acceder a el:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1404894630/contido/impress/index.html


http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1404894630/contido/impress/index.html