venres, xaneiro 31, 2020

Taller en Infantil

A familia de Valentina visitou a aula de 5º e 6º de E.I., para realizar unha manualidade que consistía en elaborar platillos volante. A actividade gustounos moito!! Moitas grazas pola visita e volvede cando queirades!! 😀






Día da paz en Infantil

Para o Día da Paz, o alumnado de Educación Infantil elaboramos un mural conxunto, ademáis dunha manualidade de pomba.







xoves, xaneiro 30, 2020

Día da paz

O día 30 de xaneiro celebramos o Día internacional da Paz.



mércores, xaneiro 29, 2020

Plantación de árbores

Xa temos árbores no patio. O pasado luns  a Comunidade de montes de Chapela viñeron a plantar uns árbores no patio do colexio donados por eles. Saímos a ver o traballo, agora só falta esperar a que crezan para ter unha boa sombra.







mércores, xaneiro 22, 2020

Actividades para o dia da paz

Este é o tema que imos a cantar e bailar para o día da paz, ademáis realizaremos algúns xogos cooperativos.



luns, xaneiro 13, 2020

Taller de decoración de bolsas

En Educación Infantil viñeron a facer un taller de decoración de bolsas de tela. Os responsables pertencen a Fundación da Santa cruz en Vigo. Ademáis traballamos tamén o conto dos "Tres porquiños", realizando unha interesante manualidade. Grazas por ofrecer tan interesante taller para os pequenos do colexio. Con gusto esperámosvos noutra ocasión.