domingo, novembro 27, 2016

A Rianxeira

Outro venres cantor cun tema relacionado có proxecto A Rianxeira. Imos cantar!!!!

sábado, novembro 26, 2016

Menú Navideño

Nova actividade do proxecto "CHAPELA SABE A MAR", onde coa colaboración das familias imos confeccionar un menú para o Nadal, xuntando as receitas que traian das casas. Lembrade que debe ter algún producto do mar. GRAZAS e animádevos a participar!!!

xoves, novembro 24, 2016

Xosé Neira Vilas

O día 27 de Novembro fai un ano do falecemento deste gran escritor galego. No colexio lembraremos a Xosé Neira Vilas a través dalgunha das súas obras.

luns, novembro 21, 2016

Non ao maltrato:25 de novembro.

O 25 de novembro celébrase o Día mundial da violencia de xénero. No cole lembraremos este día con contos e cancións relacionadas.

domingo, novembro 13, 2016

MAGOSTO

O día 10 de novembro tivemos o magosto no cole. Pasámolo moi ben, xa que tamén fixemos uns xogos moi entretidos.

mércores, novembro 09, 2016

"O misterio do baúl"

O día 8 de outubro, os alumnos@s de educación infantil e 1º de educación primaria viaxamos a Cangas para ver unha obra de teatro da compañía COLORÍN COLORADO. Chamábase "O misterio do baúl"; e estaba moi relacionada có proxecto deste ano do mar.

domingo, novembro 06, 2016

Xa chega o magosto

Xa falta pouco para o magosto. Ahí van algunhas cancións para poñernos en situación. Espero que vos gusten!!!