luns, novembro 27, 2023

mércores, novembro 22, 2023

ARTISTAS DO CHAPELA

 


COIDANDO O PLANETA CON IGREXIÑO. AXENDA 2030. ODS

 Asi están de decoradas algunhas das portas do colexio en relación co proxecto deste curso. Xa nos están chegando algúns traballos das familias para a exposición da entrada do cole. Moitas grazas pola vosa colaboración. 
















UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS

 Este é o cartel das bibiliotecas escolares de Galicia para este curso 2023/2024, baixo o lema UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS feito por Jorge Campos. Temos na biblioteca algúns dos seus libros se queredes desfrutar da súa ilustración.








domingo, novembro 05, 2023

SAMAÍN

 


Demos un agasallo a todos os participantes no concurso de vídeos. Moitas grazas familias pola vosa participación.  Vimos todos os vídeos todos xuntos na biblioteca. 




Ademais escoitamos os contos gañadores do concurso de relatos de Samaín no que participaron todos os alumnos e alumnas do colexio. Neste caso demos un premio por clase. Os alumnos de 6º foron os encargados de dar os nomes dos gañadores e gañadoras.















No recreo e grazas a inmensa colaboración das familias tivemos unha terrorífica merendola no comedor do colexio todos xuntos e ao ritmo da música elexida para a data.




Agradecer tamén ás familias a súa colaboración na elaboración das cabazas. Grazas,




Por último amosámosvos unha pequena escolma de libros moi axeitados para estas datas. Temos moitos máis na nosa biblioteca. Pasádevos!