martes, febreiro 25, 2020

Día de Rosalía

O día 24 de de Febreiro celébrase o "Día de Rosalía de Castro". No colexio o celebramos facendo murais con poemas de Rosalía relacionados coa inmigración.


















Viaxe espacial con Igrexiño

Finalizada a primeira parte do proxecto, quero felicitar as familias polos excelentes traballos elaborados. Aquí deixo unha mostra de algúns. Grazas de novo.



domingo, febreiro 23, 2020

Taller en infantil

A mamá de Iker , da clase de 4 e 5 anos, visitou a nosa aula para xogar cun bingo caseiro. Foi moi divertido!!!. Ao rematar, repartiu medallas para todos. Moitas grazas pola visita.




Un entroido espacial.

Este ano o entroido foi relacionado co espacio, que é o tema do noso proxecto de centro. Grazas as familias por toda a colaboración que nos deron.
Espero que vos guste o vídeo.


venres, febreiro 21, 2020

Ordes do Meco

Gran éxito da orden do Meco de traer pixama; haberá que repetilo.😂😂




Visita de Rosa Aneiros

Estes días no colexio recibimos a visita de Rosa Aneiros, escritora galega con moitos premios literarios, de ahí a súa importancia.


domingo, febreiro 16, 2020

Chega o ENTROIDO

Esta semana de Entroido, vámoslle a facer caso ao meco. Estas son as ordes:





O noso ET particular vixiando que cumpramos as ordes.



Naturnova


O alumnado de 5º e 6º de Primaria visitaron naturnova.


xoves, febreiro 13, 2020

Taller en infantil

Este xoves, na aula de 5º e 6º de Educación Infantil, visitounos a familia de Sergio. Contáronnos o conto "El monstruo de colores va al colegio". Despois fixemos un taller e finalizaron cunha sorpresa. Moitas grazas pola implicación, volvede cando queirades!








venres, febreiro 07, 2020

Taller en Infantil

A mamá de Nicolás, da clase de 5º e 6º de Educación Infantil, animouse a vir a aula para facer un taller. Elaboraron un marcapáxinas moi xeitoso e trouxo unha sorpresa para todos. Moitas grazas pola colaboración, volvede cando queirades. 😄










Rincón de IGUALDADE

A nosa biblioteca xa ten o "Rincón de lectura de Igualdade", con unha selección de libros novos ao alcance de todo o alumnado.








Novidades de libros

Estas son algunhas novidades de libros da biblioteca.





xoves, febreiro 06, 2020

"E viviron felices comendo máis ca perdices"

O pasado luns, o alumnado de Infantil e 1º e 2º se Primaria realizaron unha saída para escoitar un conto e ter un obradoiro. Foi en Vigo, na fundación; o  título:"E viviron felices comendo máis que perdices".



mércores, febreiro 05, 2020

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celébrase "O DÍA DA PAZ". No noso colexio fixemos un baile conxunto e uns xogos cooperativos.
O lema deste ano foi "A paz está nas nosas máns".