sábado, marzo 17, 2018

DÍA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, celébrase o "DÍA DA POESÍA". Aquí os mando algúns libros de poesía para nen@s.








A superavoa de Antón

O 9 de Marzo tivemos a visita de Javier Domínguez, autor do libro "A superavoa de Antón". Ademáis de contar o conto ao alumnado, fixeron un taller con pedras de río para facer algunha das personaxes. Ao rematar firmou o libro a todos. Foi unha visita moi enriquecedora.







venres, marzo 16, 2018

Subamos ao tren dos valores con Igrexiño

A 1ª parte do proxecto rematou. Grazas familias pola vosa participación. Sempre tedes moi boas ideas. Grazas!!!!!!!!!!!!


venres, marzo 09, 2018

TAM

Os amantes do comic  están de noraboa. Acaba de saír publicado o primeiro manga en galego.



A autora é unha rapaza nova que se fai chamar "Anémona de Río", alumna do Garaxe Hermético, que é unha escola profesional de Banda deseñada e ilustración.
Tam conta a historia dunha rapaza que recibe unha invitación para participar nunha cea de antigos alumnos . A partir de aí xorde unha trama na que se analizan os ataques ao aspecto físico da muller por parte da sociedade e a influencia tiránica do mundo da moda entre os gustos da xuventude.
A autora presentou a súa obra na tenda de Comics "Banda Deseñada" de Vigo. Aquí os deixo unhas fotos.







  

xoves, marzo 08, 2018

Día da muller traballadora


Escritoras de todos os tempos, na celebración do" DÍA DA MULLER TRABALLADORA"







domingo, marzo 04, 2018

Súbete ao tren dos valores con Igrexiño!!!

    A primeira parte do proxecto está a chegar ao seu fin.....
    O noso tren fixo paradas que xamáis esqueceremos, e para mostra, este power- point feito por unha familia do centro, que reflexa a nosa fermosa viaxe pola senda dos VALORES.
    Vos animades a acompañarnos e así, todos xuntos, disfrutar dela.
     Pois ...............ALÁ IMOS !!!