luns, outubro 31, 2016

SAMAÍN 2016

Un ano máis chegou o Samaín, grazas ás familias por colaborar de novo coas cabazas, xa que quedou unha exposición magnífica.

sábado, outubro 29, 2016

3º concurso de contos de medo

Este ano seguimos có tradicional concurso de relatos de medo que tanta acollida ten entre o alumnado. Os nenos de educación infantil e 1º de educación primaria fan un debuxo terrorífico. Foi moi difícil escoller aos gañadores, xa que estaban todos fenomenal. Grazas a todos por participar. Este ano os gañadores tiveron tamén un libro como agasallo ao seu traballo ben feito.
Abraham Martínez Barreiro (4º educación primaria).
Lucía Santervás Acuña (2º educación Primaria).
Gabriel Lado (5º Educación Infantil) Noraboa para tod@s.

venres, outubro 28, 2016

Venres cantores

Hoxe empezamos xa de novo OS VENRES CANTORES. Aproveitando que xa está o novo proxecto en marcha cantouse "catro vellos mariñeiros". As familias participan nesta iniciativa que comezamos xa fai un tempo.

xoves, outubro 27, 2016

Maletas viaxeiras

Xa están en marcha as maletas viaxeiras. Un ano máis os nen@s levan a maleta a casa para traballar có proxecto de centro, CHAPELA SABE A MAR ,os que queirades colaborar con algo relacionado, benvido sexa. Grazas de antemán pola vosa participación.

luns, outubro 24, 2016

Semana de medo!!!!

Esta semana é de medo!!!! Xa temos o cole ambientado para o Samaín e tamén unha selección de contos de medo para que podades disfrutar destas datas tan TERRORÍFICAS!! A pasalo ben coa lectura.

domingo, outubro 23, 2016

Día das bibliotecas escolares

O 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. É importante fomentar aos nen@s a lectura, animándoos a leer e traballar ademáis a lectura comprensiva. Aproveitando esta semana empezarán a saír as maletas viaxeiras ás casas. Os alumn@s de educación primaria sempre levan libros de préstamo e os de educación infantil tod@s os venres. Fanse a cotío actividades na biblioteca e recibimos tamén autores.

venres, outubro 21, 2016

Club de lectura

A biblioteca de Chapela vai poñer en marcha un club de lectura, acudiron ao cole para animar aos nenos@s a anotarse, ademáis fixeron tamén uns trucos de maxia.;

xoves, outubro 20, 2016

Escola de música de Chapela

Profesores e alumnos da escola de música de Chapela convidáronnos a asistir a unha actuación no multiusos de Chapela. Foi moi amena, adaptada perfectamente á idade dos neno@s. ENCANTOULLES!!! e disfrutáronna moito. Grazas.

venres, outubro 07, 2016

Mes do medo!!!!!

Neste mes do medo os nen@s de educación infantil estivemos na biblioteca do noso cole e alí escoitamos o conto CARABUÑAS escrito por Margarita Del Mazo.

mércores, outubro 05, 2016

El pez arcoiris

El pez arcoiris, un conto fermoso para todos os nenos, escrito por MARCUS PFISTER. Ademáis moi relacionado có proxecto.
Traballo elaborado por alumn@s do colexio