venres, decembro 20, 2013

DINOSAURIOS NO COLE

O Xoves 19 de decembro o noso centro disfrutou coa exposición do IFEVI  " O DÍA DOS DINOSAURIOS"




martes, decembro 17, 2013

VISITA DO ESCRITOR XURXO VALCÁRCEL

O venres 13 de decembro recibimos a visita do escritor Xurxo Valcárcel. Con él disfrutamos coa presentación da figura do APALPADOR e co entorno no que vive, as montañas do Caurel.

mércores, decembro 04, 2013

Tarea-web 3: Os clásicos en nadal

Nesta nova tarea-web descubriremos novos autores de contos clásicos e outros que xa coñecíamos. Traballaremos tamén con compositores clásicos e aprenderemos a facer unha ficha dunha película. Non esperedes máis e comezade a investigar sobre os novos autores.

Clicade na imaxe para ir ao recurso:

http://patriflauta.wix.com/nadal

luns, decembro 02, 2013

Con decembro chega... O Apalpador

Benvidos a un novo mes e con el a novas actividades!!! Este mes dende a biblioteca pretendemos facer diferentes actividades sobre a figura do Apalpador. Pala elo imos utilizar un LIM feito por Amelia Lago e Patricia Román sobre un poema de Xurxo Valcárcel.

Durante este mes haberá algunha sorpresa máis relacionada co apalpador, así que estade moi atentos. Mentres tanto disfrutade deste magnífico poema e das actividades relacionadas.


domingo, decembro 01, 2013

Carapuchiña Vermella

Durante todo este mes no colexio estivemos traballando sobre Carapuchiña Vermella e entre todos e todas fixemos un conto colectivo. Que ben o pasamos!!! Pintamos todas as escenas e todos os personaxes do conto, despois gravamos a nosa versión do conto e por último fixemos unha montaxe con música e todo. Espero que vos guste moito a nosa adaptación deste conto que dende ben pequeniños escoitamos tanto aos nosos pais e nais coma neste caso no cole. Escoitade con atención o resultado final...