xoves, outubro 31, 2019

Concurso de debuxos e relatos de medo

Un ano máis o noso concurso de debuxos e relatos de medo. Noraboa para os premiados e grazas a todos por participar, os traballos eran excelentes. 😉


domingo, outubro 27, 2019

Samaín

Xa estamos de novo na semana do Samaín. No noso cole temos a exposición de libros relacionados. Feliz Samaín!!!







Día das bibliotecas escolares

No día das bibliotecas escolares, o 24 de outubro, no noso centro colaboramos co I.E.S. PAZO DA MERCÉ  das Neves. Algúns alum@s de 2º da ESO e FPB1, gravaron varios vídeos lendo contos para o alumnado máis pequeno; para  educación Infantil e 1º  e 2º de Educación Primaria.
Grazas ao instituto por colaborar con nós.























venres, outubro 25, 2019

Maletas viaxeiras

Coincidindo coa celebración do "Día das bibliotecas escolares", póñense xa a funcionar as maletas viaxeiras. Esta curso Viaxaremos con Igrexiño ao espacio. "VIAXE ESPACIAL CON IGREXIÑO" é o tema do noso proxecto. Animádevos a participar.






xoves, outubro 24, 2019

Día das bibliotecas escolares

O día 24 de outubro celébrase o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". No centro realizamos diferentes actividades.
Estes son algúns traballos do alumnado de Primaria:"QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?"




domingo, outubro 20, 2019

Biblioteca escolar, "Viveiro de cidadanía"

Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía é o lema das Bibliotecas escolares para este curso.        
                                    
O que se pretende con este lema e destacar as posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa.
A biblioteca debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Información no blog das bibliotecas escolares.

mércores, outubro 16, 2019

Entrega do Premio Planeta 2019

O día 15 de outubro de 2019 é, tradicionalmente, a data escollida para a entrega do LXVIII Premio Planeta de novela, o galardón literario máis coantioso da literatura española.

Os premiados este ano son:

Ganador: Javier Cercas coa novela Terra alta"
Finalista: Manuel Vilas coa novela "Alegría"

luns, outubro 14, 2019

Día das escritoras


Dende as bibliotecas escolares invítannos a celebrar o día das escritoras:


"O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria".

No noso centro potenciamos a lectura de libros de escritoras en lingua galega.

 Recibimos a visita de : Fina Casalderrey. Alicia Borrás , Ledicia Costas, María Canosa. entre outras.










domingo, outubro 13, 2019

Outono chegou

De novo o outono, castañas, magostos, samaín...Non debemos esquecer a lectura, en calquera estación o mellor é ler.














sábado, outubro 12, 2019

Saída á senda da auga

Aproveitando o comezo do outono, o alumnado de Educación Infantil saímos a camiñar pola senda da auga. Recollimos follas, castañas e bellotas. Os alumn@s de 5º de Educación Primaria acompañáronnos e estiveron moi pendentes dos máis pequenos. Pasámolo fenomenal!!!


Maxia "De catro a catro"

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha actuación de maxia no multiusos de Chapela.
Pedro Burarín encandilou a os nen@s cós seus trucos do espectáculo: "De catro a catro".