venres, outubro 29, 2021

Un samaín... a toda máquina

 Aquí tedes o vídeo de Samaín coas aportacións das familias. Como gozamos esta semana!!!



xoves, outubro 28, 2021

Mochilas viaxeiras

 Coma todos os anos, saen para as vosas casas as mochilas viaxeiras!! Este ano levan dentro lecturas para gozar en familia, revistas e un caderno con información sobre o proxecto e para que cada familia aporte a súa visión sobre as máquinas.

Aquí teds unhas fotos de como son as mochilas!!

Apertas de Igrexiño




martes, outubro 26, 2021

Día das bibliotecas (24 de outubro)


 O día 25 de outubro clebramos o día das bibliotecas escolares. Alumnas de quinto de primaria fixeron un pequeno concerto para celebrar este día. Dende ese día podemos gozar da biblioteca do noso centro.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos esta semana.

Un saúdo agarimoso!! Igrexiño!!