martes, setembro 24, 2013

TAREA-WEB: HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Esta semana propoñemos dende a biblioteca unha tarea-web para pescudar sobre o escritor Hans Christian Andersen. Grazas a ela aprenderemos máis e máis sousas sobre este gran escritor. Seguide as instruccións para traballar sobre elo.Clicade na imaxe para acceder á tarea web:





xoves, setembro 12, 2013

NOVAS; NOVAS!!!!

Comezamos o curso falando de novidades lectoras. En esta ocasión tócalle a quenda á música. Os últimos meses saíron ao mercado unha serie de novidades do máis apetecibles. Entre elas imos destacar algunha:

1- A nena e o grilo nun barquiño: Un libro que nos ofrece actividades, contos e moita música. Pronto comezaremos a escoitar a súa música polo cole!!! Ed: fol Déixovos un anticipo do disco:






 2- O segundo libro é sobre a obra de Camille Saint-Saëns: "O Carnaval dos animais". Un libro cd para poder escoitar a marabillosa música deste compositor ademais de gozar dunha boa lectura. Ed: Kalandraka




3- A última novidade ven da man de Migallas e teremos que esperar ata outubro. Este libro cd é o segundo do grupo que seguro que nos sorprende con esta nova entrega. Ed: Kalandraka

 Seguiremos informando das novidades que aparecerán polo cole. Ata outra e feliz lectura!!!

mércores, setembro 04, 2013

Benvidos a un novo curso!!!

Benvidos nenos e nenas a un novo curso cheíño de novidades. Este ano entre todos gozaremos de novas experiencias, coñeceremos a nov@s amig@s e como non cunha boa lectura!!! Desta vez vos deixo unha entrada cun vídeo recomendable para todo o mundo. Espero que vos guste tanto coma a min.


Os fantásticos libros voadores (Gañador dun oscar 2012)