venres, outubro 30, 2020

OS CAMIÑOS DO MEDO

 

Hoxe, 30 de outubro, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores dos relatos e debuxos de medo coa temática do Camiño de Santiago. Leeranse a semana que ven na hora de lectura para que todo o alumnado poida disfrutar deles! Noraboa ós premiados e grazas ós demáis pola participación!


mércores, outubro 28, 2020

Día das bibliotecas

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas que, este curso 2020-2021, impúlsase a través do lema "Xeografías lectoras na biblioteca escolar".

Para conmemoralo, puxemos en marcha o noso proxecto "Igrexiño fai o camiño" cunha variedade de actividades, música e moitas cousas máis relacionadas, comezando polo concurso de relatos (EP) e debuxos (EI) de medo.

Do cal sairá como gañador unha persoa de cada curso. Moitas grazas a toda a comunidade por participar!


luns, outubro 19, 2020

Día das escritoras

 Este ano celebraremos o Día das Escritoras rendindo unha homenaxe, dende a clase de música, a unhas escritoras moi especiais: as escritoras de cancións

Elas escriben (e interpretan) as súas propias letras co fin de transmitir algunha mensaxe, polo que ademáis de cantantes son poetas, escritoras, compositoras...

Que imos facer nós? Escoitaremos pezas dalgunhas cantautoras españolas coñecidas e actuais e seleccionaremos aquelas frases e mensaxes significativos que nos fagan reflexionar, que nos gusten, coas que nos sintamos identificad@s, etc. para logo plasmalas nuns carteis que colgaremos na clase.

Algunhas propostas son:

-"Girasoles" de Rozalén.

-"Un canto a la vida"-Vanesa Martín.

-"Sin miedo"- Rosana.

-"Se llama amistad"- Beatriz Luengo.

-"Palabras"-Amaia Montero.

-"Vive el momento"- Merche.

-"Media tinta"- Sofía Ellar.

-"Nuestro tiempo"-Amaral.




xoves, outubro 15, 2020

Proxecto: O camiño de Santiago

Igrexiño acaba de chegar ao Colexio Igrexa de Chapela! Dende aquí comezará o seu percorrido cara a catedral de Santiago, onde porá fin a súa aventura, pero cunha chea de historias e vivencias novas que contar.

Para facelo, primeiro estívose informando sobre o camiño de Santiago e deixounos varias lecturas recomendadas para que nós viaxemos con el a través dos libros. Estas son algunhas delas:

Para o 1º e 2º curso:

-Os Bolechas van de viaxe. Un peregrino en Melide.

-Os Bolecheas van de viaxe. Unha noite en Compostela.

-¿A qué veñen as gaivotas a Compostela? Ed. Sotelo Blanco.

Nos cursos centrais atopamos: 

-Sar, Sarela e os monstros de Compostela. Ed. Kalandraka.

-Peregrino na sombra. Ed. Sotelo Blanco.

-Formigas. Misión camiño de Santiago. Ed. Xerais.

As de 5º e 6º de EP son:

-El camino de Santiago. Ed. Ala Delta.

-O camiño de Santiago. Ed. everest. 

-Aventura no Camiño de Santiago. Ed. Patito.

¿Atréveste a acompañalo?


luns, outubro 05, 2020

Igrexiño fai o camiño



Este curso 2020-2021 Igrexiño vai vivir unha chea de aventuras percorrendo o camiño de Santiago e nós imos acompañalo. Comeza a viaxe!