mércores, decembro 16, 2015

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Como todos os anos, enviamos a casa unha serie de recomendacións lectoras para que cada neno ou nena adquira en Nadal e que posteriormente traballaremos nas aulas á volta de vacacións. Este ano as nosas recomendacións son as seguintes:


Por outra banda os equipos de normalización lingüística do morrazo, fan as seguintes recomendacións en galego para infantil e primaria:


EDUCACIÓN INFANTIL
EDUCACIÓN PRIMARIA

martes, novembro 24, 2015

25 de novembro: non ao maltrato!!!

Coma todos os anos imos recordar con diferentes actividades esta data tan triste. Todos e todas somos iguais, cos mesmos dereitos e coas mesmas obligacións. Ninguén e máis ou menos por ser home ou muller. Para elo traballaremos sobre dous contos relacionados co tema:

Unha feliz catástrofe de Adela Turín:



Rosa Caramelo de Adela Turín:


Para este ano a miña recomendación musical vai ser Andy e Lucas coa canción "Y en tu ventana":


venres, novembro 20, 2015

MAGOSTO 2015

O venres 13 celebramos un Magosto MOI OLÍMPICO...!!! Aquí tedes as esperadas fotos de tan esperado día!!! Espero que vos gusten tanto coma a min!!!

martes, novembro 10, 2015

PRIMEIRA TAREFA-WEB: AS OLIMPÍADAS

Xa tedes a vosa disposición a primeira tarefa-web para poder investigar un pouco máis sobre Brasil e as Olimpíadas. Nesta ocasión traballaremos sobre Brasil e as antigas olimpíadas deixando os deportes e deportistas olímpicos para a seguinte tarefa.

Clicade na imaxe para comezar a traballar!!!

http://patriflauta.wix.com/olimpiadas

venres, novembro 06, 2015

Recursos para o magosto

Deixo varias páxinas con recursos que podemos utilizar para o magosto. Espero que sexan de utilidade!! Clicade na imaxe para acceder a eles

Páxina elaborada por Mª Asunción García Álvarez:

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

Blog de Orientación do CEIP Condesa de Fenosa

http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2012/11/recursos-para-o-magosto.html
Aula TIC Terra de Ferrol:

http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2013/11/recursos-para-preparar-o-magosto.html
Por último cancións do magosto:


2º Concurso de relatos de medo

Para seguir a tradición, este ano tamén organizamos un concurso de debuxos e relatos de medo. Participou todo o alumnado do colexio, e gozamos moito coa lectura de cada un dos relatos de medo. Estiveron expostos toda a semana na cristaleira principal do colexio para que as familias puideran ver a orixinalidade dos debuxos e dos relatos. Despois de unha durísima deliberación decidimos que os gañadores foran:

Sabela Fernández López (6º educación infantil)

Naia Otero Bastos (3º educación primaria)

Victoria Bastos Alonso (6º educación primaria)

Noraboa a todos e a todas por participar!!!


Primeiras aportacións das familias para o proxecto

Este ano as familias están sendo todas unhas artistas!!! Estas son as primeiras aportacións que nos podemos atopar xa na entrada do noso cole, e... non paran de chegar!!! Noraboa!!!


Ademáis a clase de sexto de primaria xa comezou a adornar os corredores da biblioteca con dous murales preciosos relacionados coas olimpíadas e Brasil.



domingo, novembro 01, 2015

As fotos máis terroríficas do ano!!! A gozar moito con elas!!!

luns, outubro 26, 2015

Comezamos a semana máis terrorífica do ano

Comezamos a semana de Samaín, e, coma todos os anos, os nosos corredores vólvense máis monstruosos!!! Para abrir boca, tedes no pasillo da biblioteca contos e relatos de medo. A gozar da lectura!!!


A nosa celebración particular do día das bibliotecas escolares: 24 de outubro

Coincidindo co día das bibliotecas escolares (24 de outubro), decidimos celebralo coa saída para as vosas casas das mochilas viaxeiras!! Este ano veñen repletiñas de novidades: contos, películas, lecturas para compartir en familia, revistas...

Non vos esquezades de colaborar buscando información ou facendo algún traballo manual ou plástico sobre Brasil ou as Olimpíadas. Espero que gocedes moito coa lectura!!! Boa lectura!!!


venres, outubro 16, 2015

Xa saen as maletas viaxeiras!!!

Coincidindo co día das bibliotecas escolares (24 de outubro) sairán para as nosas casas as maletas viaxeiras cheas de novidades e boas lecturas. Este ano o alumnado de educación infantil estreará pasaporte lector!!! E para os máis maiores teremos moitas novidades nas nosas maletas. Espero que vos gusten tanto coma min e que colaboredes como todos os anos coas vosas manualidades.

Que comece!!!







xoves, setembro 17, 2015

Exposición da entrada do noso cole

Este ano estamos a traballar moi duro sobre as Olimpíadas e sobre Brasil. Así quedou a entrada do noso cole para recibir aos nenos e nenas este ano no colexio. Estaban encantados e encantadas!!!











luns, setembro 07, 2015

Benvidos a un novo curso!!!

Como todos os anos aquí vos deixo un vídeo de presentación do novo proxecto do curso 2015/2016. Teremos moitas sorpresas e novidades ao longo do curso, así que estade moi atent@s!!!


martes, xuño 09, 2015

Poesía nos cadros

Aquí tedes o vídeo das nosas creacións de pintores galegos e dos seus cadros. Espero que vos guste!!!


sábado, maio 16, 2015

A NOSA REVISTA: LÓSTREGO

Aquí tedes un novo exemplar da nosa revista. Este ano está feita con moita arte!!! Espero que vos guste tanto coma min!!


mércores, maio 13, 2015

Visita de Fina Casalderrey

No noso colexio tivemos a sorte de que nos visitara a escritora Fina Casalderrey. Además de contarnos marabillosas historias e responder as nosas preguntas demostrounos que é unha grandísima persoa. Como nos gustou a súa visita!!! Esperamos que pronto volva ao noso cole!!!



domingo, maio 10, 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: RECURSOS

Como todos os anos, publicamos unha serie de enlaces dixitais para poder traballar o autor omenaxeado. Neste caso traballaremos sobre a figura de Xose F. Filgueira Valverde. Espero que aprendades moitas cousas!!! Na biblioteca, recordade que temos unha sección adicada as nosas letras, as letras galegas. Non dubidedes en visitala!!!


Páxina web da xunta de recursos sobre o autor

Páxina con recursos dixitais do Seminario Galán

Pasapalabra dixital dos autores Roger Rey e Aurora Gay Méndez

Test sobre a vida do autor dos autores Roger Rey e Aurora Gay Méndez (Colexio CEIP A Ponte)

venres, abril 24, 2015

DÍA DO LIBRO: PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOR@S

Unha das actividades que fixemos onte para conmemorar o día do libro foi a actividade de padriños e madriñas lectoras que tanto gusta no cole!!! Como veredes este é o resultado de esta actividade tan bonita!!

Seguiremos colgando as actividades que fixemos durante toda a semana! Atent@s!



martes, abril 21, 2015

DÍA DO LIBRO: XOGAMOS CON CÓDIGOS QR

Para conmemorar o día do libro na nosa biblioteca imos xogar coas tablets e cos códigos qr. Estade moi atentos as instruccións da mestra e a xogar!!!

https://sites.google.com/site/bibliotecaigrexino/

luns, abril 20, 2015

Imos ao teatro!!!

Despois de ter traballado o libro "Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas marchamos ao teatro para escoitar a obra en directo e a verdade é que nos encantou!!!! Mirade a cara de asombro que temos!!!


martes, abril 07, 2015

TITORIAL LIBRE OFFICE IMPRESS

Vos deixo un titorial sobre o libre office impress para facer presentacións sobre os vosos traballos. Neste último trimestre de seguro teremos que presentar varios traballos, polo que este titorial nos servirá de axuda. Clicade na imaxe para acceder a el:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1404894630/contido/impress/index.html


http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1404894630/contido/impress/index.html

martes, marzo 17, 2015

Segunda parte do proxecto: Cont-arte galego

Aquí tedes unha nova achega das nosas familias para o proxecto de centro CONT-ARTE. Neste caso está adicada a segunda parte do proxecto. Son todos uns artistas!!!



xoves, febreiro 26, 2015

#EusonRosalía: a nosa actividade!!

Aquí está o vídeo da actividade que fixemos no dia de Rosalía de Castro. Espero que vos guste!!!


mércores, febreiro 25, 2015

Cita a cegas: 14 de febreiro

O pasado 13 de febreiro fixemos a actividade "Cita a cegas cun libro" O alumnado debería escoller un libro e só abrilo cando chegase a súa casa. Despois tiña que responder a unha serie de preguntas sobre a "cita". Aos alumnos e alumnas do colexio encantóulles esta actividade. Están desexando repetir!!! Velaí as fotos da experiencia.



luns, febreiro 23, 2015

24 de febreiro: #EusonRosalía

O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro e para elo seguiremos a iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega gravando un vídeo co lema "Eu son Rosalía" porque/cando/para... destacando as múltiples cualidades da autora galega.

Deixo algúns dos recursos que tamén traballaremos esta semana no centro:

Unidade didáctica con actividades sobre Rosalía de Castro:

http://ospoemasdorio.com/materiais/

Recurso educativo de Educa Barríe:

http://www.educabarrie.org/recursos/libro-multimedia-rosalia-de-castro

martes, febreiro 10, 2015

Actividades sobre o Entroido

Vos deixo aquí enlaces sobre actividades para traballar o entroido. Clicade nas diferentes imaxes para acceder aos recursos:


Clica na imaxe para acceder ao lim da páxina actividadeslim.blogspot.com

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/02/o-entroido-galego.html

Enlaces sobre actividades "A casa de tolos"
https://docs.google.com/document/d/17mWJ22_LVqai-dXgXvgIjoMFX7jI_BCd9wj1GX2i-4E/edit

venres, xaneiro 30, 2015

ASí TRABALLAMOS A PAZ NO NOSO COLE

Este ano traballamos arreo sobre a paz e a non violencia no noso colexio!!! Como somos uns grandes artistas puxémonos mans á obra e fixemos moitísimas manualidades sobre o día da paz e da non violencia. O noso cole está cheo de murales de carteis e de pombas que reflexan o noso espírito cooperativo. Os nenos e nenas puxéronse man a obra e fixeron grandes obras de arte. Entre as actividades tamén cantamos todos a canción de "Apertas que voan" do CD de Kalandraka de Paco Nogueiras e fixemos unha pequena coreografía!! Quedou moi chulo. Tamén fixemos un baile donde todos e todas colaboramos. Que ben o pasamos!! Deixo aquí un pequeno vídeo sobre os nosos traballos coa técnica stop motion. E.... o venres repetimos!!!


xoves, xaneiro 22, 2015

Continuamos con novas tarefas web

Nesta ocasión traballaremos con artistas españois de renome. Atoparedes nas tarefa web datos interesantes sobre os autores que estamos a traballar ademáis de diversos materiais. Preme na imaxe para acceder ao recurso:


martes, xaneiro 13, 2015

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Velaquí algún recurso que podemos atopar na rede para traballar o día da Paz e da non Violencia no noso colexio. Este ano a canción que cantaremos entre todos será "Apertas que voan" do CD-DVD Brinca Vai de Paco Nogueiras. Con ela faremos unha montaxe audiovisual que poderemos ver en febreiro. Deixovos a canción para que vaides practicando:

En canto aos recursos traballaremos cos seguintes symbaloos relacionados co Día da Paz. Clicade nas imaxes para acceder aos recursos:
Symbaloo CEP Santa Tegra sobre o día da Paz
http://www.symbaloo.com/mix/diadapaz1
Symbaloo Belén Junquera sobre a Paz:

http://www.symbaloo.com/mix/recursospaz

Recursos para a Paz: Symbaloo de mbaz:
http://www.symbaloo.com/mix/recursosparaapazprof

Recursos para traballar a Paz do blog aula-tic Terra de Ferrol:

Recursos do blog o lar de frianciño: 

Recopilación de recursos CEIP Victor Sáenz

Biblioteca Mestres Goldar: recursos para a Paz

CEIP Isaac Peral: Recursos para o día da Paz

venres, xaneiro 09, 2015

Saídas artísticas: visitamos un museo e ímos ao teatro



Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria visitamos unha exposición sobre arte nas salas da fundación Abanca. Alí ensináronnos como temos que transportar unha obra de arte e como coidala para que non se estropee no transporte. Ademáis puidemos coñecer varias obras e técnicas de diferentes autores que están expostas no edificio. Para rematar fumos ao teatro!!! Pasámolo xenial!!!

Traballamos co proxecto

Aquí podedes ver algún dos resultados que temos ao traballar no proxecto do colexio. É moi divertido é aprendemos mogollón de cousas sobre os pintores e músicos propostos pol@s mestr@s do colexio.