xoves, outubro 30, 2014

Concurso de relatos de medo!!

Aquí temos @s gañadores do 1º concurso de debuxos e relatos de medo do noso colexio. Noraboa aos gañadores e felicidades a tod@s os relatos e debuxos participantes. Foi moi dificil poder escoller soamente a un gañador!!! Noraboa!!!!

David Castrelos González (Infantil 5 anos)



Eva Costas Rodríguez (2º primaria)



Aitana Rodríguez López (6º primaria)

mércores, outubro 29, 2014

As mochilas viaxeiras!!!!

Xa están aquí as mochilas viaxeiras!!!! Este ano convertirémonos en grandes artistas. Recordade que as mochilas viaxeiras viaxarán cada venres as diferentes casas para voltar o xoves ao colexio. Nas mochilas viaxeiras levaredes un libro ou conto relacionado coa arte, un libro de consulta do mesmo tema, un libro de matemáticas, xa que este ano trabállase dende a biblioteca escolar, as matemáticas e, por último un cd ou dvd de música da nosa terra. Espero que gocedes moito coa mochila e que vos convirtades en grandes artístas!!!





domingo, outubro 26, 2014

24 de outubro: día das bibliotecas escolares de Galicia

O 24 de outubro celebramos na nosa biblioteca o día das bibliotecas escolares e para conmemorar esta data traballamos sobre un libro que fala de libros. Neste caso traballamos o libro de "Los fantásticos libros voladores de Mr. Morrison Lessmore"

Aquí van as fotos de ese día:





Ademáis, este día traballamos sobre Mafalda e conmemoramos o seu 50 aniversario. Para non esquecernos dela en todo o ano fixemos un marcalibros cun lema para utilizar sempre que vaiamos á biblioteca.


martes, outubro 14, 2014

Mati y sus matemáticas

Como sabedes nas bibliotecas escolares de Galicia este ano é o ano matemático. Para traballar este concepto comezaremos cunha páxina xenial que nos propón diferentes problemas de matemáticas para resolver. Serás quen de resolvelos?? Preme na imaxe para acceder ao recurso

http://pequenoldn.librodenotas.com/matiaventuras/