luns, decembro 14, 2020

RECURSOS PARA O NADAL

 Está a piques de rematar o primeiro trimestre e, por tanto, o Nadal á volta da esquina. É por iso que deixámovos a continuación algunhas recomendacións lectoras e cancións sobre este tema para que poidades disfrutar de esta época tan desexada.






xoves, decembro 03, 2020

FACENDO O CAMIÑO BAIXO O MESMO PARAUGAS

 O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, polo que no noso centro recibimos ó alumnado con cancións como "Tal como eres"-El canto del loco ou "Ven conmigo"-María Fumaça.

 
Despois fixemos a lectura dos seguintes libros nos distintos cursos:
 

Tamén visualizamos -a nivel de aula- a película "Wonder", unha historia sobre enfermidades raras, acoso escolar, inclusión e aceptación; 

 




 

 

E, por último, unímonos para facer a foto "BAIXO O MESMO PARAUGAS", simbolizando que todas e todos estamos xuntos neste camiño.





mércores, novembro 25, 2020

25-N

 Hoxe, 25 de novembro, no CEIP Igrexa Chapela celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con diversas actividades relacionadas coa igualdade

Para iso, fixemos lecturas de contos, detectamos a lenguaxe sexista e analizamos cancións relacionadas co tema. Ademais, co alumnado de 6º EP escoitamos versións dende "o outro punto de vista" cambiándolle a letraeliminando o machismo que nelas se apreciaba.

A continuación vos deixamos algúns exemplos. 

Libros sobre a igualdade entre homes e mulleres.


Canción "Hawaii" versión Beatriz Luengo.





xoves, novembro 19, 2020

RECUNCHO

Xa temos o noso recuncho de "Igrexiño fai o camiño" preparado! 

Velaquí podedes ver como vai quedando despois de recibir algunhas achegas das familias que levaron as mochilas viaxeiras. Sodes uns/unhas artistas!




martes, novembro 10, 2020

CREDENCIAL LECTORA

 Xa temos preparada as nosas credenciais lectoras!

 A cubriremos cun selo cada vez que rematemos unha lectura, superando cada etapa (trimestre) co fin de completar este camiño -chamado curso- con todas as casillas cubertas.


 Unha vez renchida, obterán "A Compostela", o diploma que acredita que fixeron o Camiño Lector con éxito!

luns, novembro 09, 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

 O pasado venres, 6 de novembro, as mochilas viaxeiras comezaron as súas andainas polas casas dos discentes e as súas familias, preparadas para vivir unha chea de aventuras e volver cargadas de novas e distintas experiencias compartidas entre toda a comunidade educativa.

 

Este ano, debido a situación sanitaria na que nos atopamos, repartiranse polas aulas cada venres e volverán ao colexio os xoves, deixándoas en corentena ata o venres da semana seguinte para que poidan seguir viaxando sen perigo.

De antemán, grazas unha vez máis pola vosa colaboración! 

CON IGREXIÑO FACEMOS O CAMIÑO


venres, outubro 30, 2020

OS CAMIÑOS DO MEDO

 

Hoxe, 30 de outubro, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores dos relatos e debuxos de medo coa temática do Camiño de Santiago. Leeranse a semana que ven na hora de lectura para que todo o alumnado poida disfrutar deles! Noraboa ós premiados e grazas ós demáis pola participación!


mércores, outubro 28, 2020

Día das bibliotecas

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas que, este curso 2020-2021, impúlsase a través do lema "Xeografías lectoras na biblioteca escolar".

Para conmemoralo, puxemos en marcha o noso proxecto "Igrexiño fai o camiño" cunha variedade de actividades, música e moitas cousas máis relacionadas, comezando polo concurso de relatos (EP) e debuxos (EI) de medo.

Do cal sairá como gañador unha persoa de cada curso. Moitas grazas a toda a comunidade por participar!


luns, outubro 19, 2020

Día das escritoras

 Este ano celebraremos o Día das Escritoras rendindo unha homenaxe, dende a clase de música, a unhas escritoras moi especiais: as escritoras de cancións

Elas escriben (e interpretan) as súas propias letras co fin de transmitir algunha mensaxe, polo que ademáis de cantantes son poetas, escritoras, compositoras...

Que imos facer nós? Escoitaremos pezas dalgunhas cantautoras españolas coñecidas e actuais e seleccionaremos aquelas frases e mensaxes significativos que nos fagan reflexionar, que nos gusten, coas que nos sintamos identificad@s, etc. para logo plasmalas nuns carteis que colgaremos na clase.

Algunhas propostas son:

-"Girasoles" de Rozalén.

-"Un canto a la vida"-Vanesa Martín.

-"Sin miedo"- Rosana.

-"Se llama amistad"- Beatriz Luengo.

-"Palabras"-Amaia Montero.

-"Vive el momento"- Merche.

-"Media tinta"- Sofía Ellar.

-"Nuestro tiempo"-Amaral.




xoves, outubro 15, 2020

Proxecto: O camiño de Santiago

Igrexiño acaba de chegar ao Colexio Igrexa de Chapela! Dende aquí comezará o seu percorrido cara a catedral de Santiago, onde porá fin a súa aventura, pero cunha chea de historias e vivencias novas que contar.

Para facelo, primeiro estívose informando sobre o camiño de Santiago e deixounos varias lecturas recomendadas para que nós viaxemos con el a través dos libros. Estas son algunhas delas:

Para o 1º e 2º curso:

-Os Bolechas van de viaxe. Un peregrino en Melide.

-Os Bolecheas van de viaxe. Unha noite en Compostela.

-¿A qué veñen as gaivotas a Compostela? Ed. Sotelo Blanco.

Nos cursos centrais atopamos: 

-Sar, Sarela e os monstros de Compostela. Ed. Kalandraka.

-Peregrino na sombra. Ed. Sotelo Blanco.

-Formigas. Misión camiño de Santiago. Ed. Xerais.

As de 5º e 6º de EP son:

-El camino de Santiago. Ed. Ala Delta.

-O camiño de Santiago. Ed. everest. 

-Aventura no Camiño de Santiago. Ed. Patito.

¿Atréveste a acompañalo?


luns, outubro 05, 2020

Igrexiño fai o camiño



Este curso 2020-2021 Igrexiño vai vivir unha chea de aventuras percorrendo o camiño de Santiago e nós imos acompañalo. Comeza a viaxe! 


 


venres, xuño 05, 2020

Día do medio ambiente.

Hoxe celébrase o día mundial do medio ambiente.
ABRAZAMOS UNHA ÁRBORE?










mércores, maio 20, 2020

LETRAS GALEGAS 2020: VERDESCENTE, UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Con motivo das letras galegas fixemos este vídeo coa colaboración das familias.


martes, maio 12, 2020

Día das letras galegas

Este ano, o día das letras galegas está adicado a RICARDO CARBALLO CALERO.



A SÚA BIOGRAFÍA
                         
                                         



                        Despois de ver o vídeo podedes realizar uns xogos da páxina que ven a                                                  continuación, relacionados co autor homenaxeado.

                                            ANIMÁDEVOS A XOGAR!!!

                https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo

UN CONTO


                                         



xoves, abril 30, 2020

MARCAPÁXINAS

Polo día do libro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixeron uns marcapáxinas moi orixinais.
Quedaron fenomenal!!!!




xoves, abril 23, 2020

DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril celebramos o "DÍA DO LIBRO".Este ano celébrase dunha maneira diferente, dende as nosas casas. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, sen vós non poderíamos facer esta montaxe tan bonita e especial. Espero vos guste. 😄




                                           






mércores, abril 22, 2020

Día da terra

O día 22 de Abril celebramos o "Día da terra".


Lecturas relacionadas





venres, abril 17, 2020

Traballo do proxecto.


Excelente traballo do proxecto de biblioteca, Viaxe espacial con Igrexiño".
Grazas a esta familia polo seu esforzo.






martes, abril 07, 2020

Día internacional del libro infantil e xuvenil

O día 2 de Abril celebramos o día internacional do libro infantil e xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Xa que estamos confinados nas casas deixovos uns contos para os máis pequenos. 😄










Sabela e o coronavirus

Aquí vos deixo esta historia de Sabela, as zocas máxicas e o coronavirus.


venres, abril 03, 2020

RESISTIREI

TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES VOS DESEXAMOS  AFOUTEZA  E CORAZÓN💓💓💓





mércores, abril 01, 2020

Día mundial de concienciación sobre o autismo

O día do 2 de Abril celebramos o día mundial de concienciación sobre o autismo, este ano co lema:
     "PUEDO APRENDER. PUEDO TRABAJAR".



                                   Envío unha páxina con recursos de gran interese.

          https://diamundialautismo.com/puedo-aprender-puedo-trabajar/#difunde-el-dia-del-autismo



                             ESPECIALES: É a historia de Stephane Benhamou e Daoud Tatou, dous amigos que, aínda de creenzas relixiosas diferentes, fai 20 anos que crearon unha ONG para axudar a nen@s autistas.


                           

mércores, marzo 25, 2020

Monstro de cores e coronavirus

Aquí tedes un pequeno conto sobre o Monstro de Cores e o Coronavirus.

sábado, marzo 21, 2020

DÍA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, celébrase o "Día da poesía".




Nunca esquezamos a Rosalía de Castro.




xoves, marzo 12, 2020

¡Hola soy el coronavirus!

Conto para nen@s sobreo coronavirus.


luns, marzo 09, 2020

¡Vivan las uñas de colores!

Hoxe en educación infantil, para traballar a igualdade, leemos co alumnado "¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!". Rematamos a sesión pintando as uñas a todo o alumnado que quiso. Foi moi divertido.








venres, marzo 06, 2020

Día internacional da muller

O día 8 de Marzo, celébrase o "Día internacional da muller", dado que temos o proxecto do espacio, quixemos  celebralo, buscando información sobre mulleres astronautas.  Fixemos pequenos murais co alumnado.




Coñecemos e traballamos coas seguintes mulleres astronautas:
PEGGY WHITSON
SALLY RIDE
ELENA OCHOA
EILEEN COLLINS
VALENTINA TERESHKOVA
 CHRISTA MCAULIFFE
MAE JAMISON
 CHRISTINA KOCH


                                                             


martes, febreiro 25, 2020

Día de Rosalía

O día 24 de de Febreiro celébrase o "Día de Rosalía de Castro". No colexio o celebramos facendo murais con poemas de Rosalía relacionados coa inmigración.