domingo, decembro 25, 2016

Decorando as árbores

Este ano por primeira vez,  decoramos as árbores da rúa preto do cole. Que vos parece!!!

sábado, decembro 24, 2016

Festival de Nadal

FELICES FESTAS PARA TODOS!!!!!!

xoves, decembro 22, 2016

Pajes reales

El día 20 de diciembre recibimos la visita de 2 pajes de los Reyes Magos. Los más pequeños le dieron sus cartas.






domingo, decembro 18, 2016

RECEITAS DE NADAL

Grazas a todas as familias por participar nesta actividade.

BAJO EL MAR

O martes os alumn@s de 1º de educación primaria e os de 5 anos recibiron  a visita do avó de Nicolás e contounos cousas moi interesantes sobre o proxecto, pasáronno moi ben. Grazas ao avó que fixo un traballo excelente!!!.

sábado, decembro 17, 2016

Traballos das familias

Estos son os vosos traballos,familias. Grazas a todos por colaborar. Os traballos son xeniales!!!!!!
Despois do Nadal seguiremos coas maletas viaxeiras.

domingo, decembro 11, 2016

Xa chega o Nadal

Xa está aquí o nadal. Na biblioteca seleccionamos uns libros relacionados con está festa, espero que aos alumn@s lles gusten.




O noso pequeno rincón de contos de Nadal



xoves, decembro 08, 2016

Chapela sabe a mar

Presentación en power point elaborado polas familias. Grazas pola colaboración.

domingo, decembro 04, 2016

TAREFA WEB

Aquí van as primeiras tarefas web relacionadas có proxecto "Chapela sabe a mar.. Seguiremos a publicar máis próximamente.
A primeira tarefa esta adicada ao golfiño. E ademáis hai tamén adiviñas. Espero vos guste....
Tarefas web


venres, decembro 02, 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NADAL

Éstas son as recomendacións lectoras deste Nadal. Despois das vacacións traballaremos có libro na clase.



Día internacional da diversidade funcional


O día 3 de decembro celébrase o día internacional da diversidade funcional, no colexio recordámolo e fixemos algunha actividade.







domingo, novembro 27, 2016

A Rianxeira

Outro venres cantor cun tema relacionado có proxecto A Rianxeira. Imos cantar!!!!

sábado, novembro 26, 2016

Menú Navideño

Nova actividade do proxecto "CHAPELA SABE A MAR", onde coa colaboración das familias imos confeccionar un menú para o Nadal, xuntando as receitas que traian das casas. Lembrade que debe ter algún producto do mar. GRAZAS e animádevos a participar!!!

xoves, novembro 24, 2016

Xosé Neira Vilas

O día 27 de Novembro fai un ano do falecemento deste gran escritor galego. No colexio lembraremos a Xosé Neira Vilas a través dalgunha das súas obras.

luns, novembro 21, 2016

Non ao maltrato:25 de novembro.

O 25 de novembro celébrase o Día mundial da violencia de xénero. No cole lembraremos este día con contos e cancións relacionadas.

domingo, novembro 13, 2016

MAGOSTO

O día 10 de novembro tivemos o magosto no cole. Pasámolo moi ben, xa que tamén fixemos uns xogos moi entretidos.

mércores, novembro 09, 2016

"O misterio do baúl"

O día 8 de outubro, os alumnos@s de educación infantil e 1º de educación primaria viaxamos a Cangas para ver unha obra de teatro da compañía COLORÍN COLORADO. Chamábase "O misterio do baúl"; e estaba moi relacionada có proxecto deste ano do mar.

domingo, novembro 06, 2016

Xa chega o magosto

Xa falta pouco para o magosto. Ahí van algunhas cancións para poñernos en situación. Espero que vos gusten!!!

luns, outubro 31, 2016

SAMAÍN 2016

Un ano máis chegou o Samaín, grazas ás familias por colaborar de novo coas cabazas, xa que quedou unha exposición magnífica.

sábado, outubro 29, 2016

3º concurso de contos de medo

Este ano seguimos có tradicional concurso de relatos de medo que tanta acollida ten entre o alumnado. Os nenos de educación infantil e 1º de educación primaria fan un debuxo terrorífico. Foi moi difícil escoller aos gañadores, xa que estaban todos fenomenal. Grazas a todos por participar. Este ano os gañadores tiveron tamén un libro como agasallo ao seu traballo ben feito.
Abraham Martínez Barreiro (4º educación primaria).
Lucía Santervás Acuña (2º educación Primaria).
Gabriel Lado (5º Educación Infantil) Noraboa para tod@s.

venres, outubro 28, 2016

Venres cantores

Hoxe empezamos xa de novo OS VENRES CANTORES. Aproveitando que xa está o novo proxecto en marcha cantouse "catro vellos mariñeiros". As familias participan nesta iniciativa que comezamos xa fai un tempo.