xoves, outubro 26, 2023

Mochilas viaxeiras

 Xa empezaron a viaxar as nosas mochilas viaxeiras polas casas dos peques. Desfrutade en familia da selección de títulos e animádevos a participar na libreta viaxeira coas vosas ideas, plans ou debuxos sobre o proxecto de centro deste curso: "Coidando o planeta con Igrexiño", unha proposta en torno os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030, impulsada pola ONU. 

 Encantaranos recibir as vosas manualidades para facer unha exposición na entrada do cole para que todos os peques poidan aprender e desfrutar das mesmas. De seguro que tendes moito que dicir e propor. Grazas familias de antemán pola vosa colaboración. Xuntos facemos comunidade educativa. 










 

24 outubro, Día das Bibliotecas.

 Celebramos o Día das Bibliotecas desfrutando da nosa lingua con xogos de rimas, cantarolas, pareados, adiviñas, sinónimos, antónimos...




















16 de outubro 2023. Día das escritoras

Este 16 de outubro foi o Día das Escritoras. Velaquí tendes unhas fotos dunha pequena escolma de títulos da nosa biblioteca escritos por mulleres. Vinde á biblioteca para desfrutar destas historias e de moitísimas máis.