domingo, decembro 01, 2013

Carapuchiña Vermella

Durante todo este mes no colexio estivemos traballando sobre Carapuchiña Vermella e entre todos e todas fixemos un conto colectivo. Que ben o pasamos!!! Pintamos todas as escenas e todos os personaxes do conto, despois gravamos a nosa versión do conto e por último fixemos unha montaxe con música e todo. Espero que vos guste moito a nosa adaptación deste conto que dende ben pequeniños escoitamos tanto aos nosos pais e nais coma neste caso no cole. Escoitade con atención o resultado final...


Ningún comentario:

Publicar un comentario