Unha das actividades que fixemos onte para conmemorar o día do libro foi a actividade de padriños e madriñas lectoras que tanto gusta no cole!!! Como veredes este é o resultado de esta actividade tan bonita!!
Seguiremos colgando as actividades que fixemos durante toda a semana! Atent@s!
21.4.15
DÍA DO LIBRO: XOGAMOS CON CÓDIGOS QR
Para conmemorar o día do libro na nosa biblioteca imos xogar coas tablets e cos códigos qr. Estade moi atentos as instruccións da mestra e a xogar!!!
20.4.15
Imos ao teatro!!!
Despois de ter traballado o libro "Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas marchamos ao teatro para escoitar a obra en directo e a verdade é que nos encantou!!!! Mirade a cara de asombro que temos!!!
7.4.15
TITORIAL LIBRE OFFICE IMPRESS
Vos deixo un titorial sobre o libre office impress para facer presentacións sobre os vosos traballos. Neste último trimestre de seguro teremos que presentar varios traballos, polo que este titorial nos servirá de axuda. Clicade na imaxe para acceder a el:
17.3.15
Segunda parte do proxecto: Cont-arte galego
Aquí tedes unha nova achega das nosas familias para o proxecto de centro CONT-ARTE. Neste caso está adicada a segunda parte do proxecto. Son todos uns artistas!!!
26.2.15
#EusonRosalía: a nosa actividade!!
Aquí está o vídeo da actividade que fixemos no dia de Rosalía de Castro. Espero que vos guste!!!
25.2.15
Cita a cegas: 14 de febreiro
O pasado 13 de febreiro fixemos a actividade "Cita a cegas cun libro" O alumnado debería escoller un libro e só abrilo cando chegase a súa casa. Despois tiña que responder a unha serie de preguntas sobre a "cita". Aos alumnos e alumnas do colexio encantóulles esta actividade. Están desexando repetir!!! Velaí as fotos da experiencia.
Etiquetas:
actividades,
biblioteca,
cita a cegas
23.2.15
24 de febreiro: #EusonRosalía
O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro e para elo seguiremos a iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega gravando un vídeo co lema "Eu son Rosalía" porque/cando/para... destacando as múltiples cualidades da autora galega.
Deixo algúns dos recursos que tamén traballaremos esta semana no centro:
Unidade didáctica con actividades sobre Rosalía de Castro:
Recurso educativo de Educa Barríe:
Deixo algúns dos recursos que tamén traballaremos esta semana no centro:
Unidade didáctica con actividades sobre Rosalía de Castro:
Recurso educativo de Educa Barríe:
10.2.15
Actividades sobre o Entroido
Vos deixo aquí enlaces sobre actividades para traballar o entroido. Clicade nas diferentes imaxes para acceder aos recursos:
Clica na imaxe para acceder ao lim da páxina actividadeslim.blogspot.com
Enlaces sobre actividades "A casa de tolos"
Clica na imaxe para acceder ao lim da páxina actividadeslim.blogspot.com
Enlaces sobre actividades "A casa de tolos"
30.1.15
ASí TRABALLAMOS A PAZ NO NOSO COLE
Este ano traballamos arreo sobre a paz e a non violencia no noso colexio!!! Como somos uns grandes artistas puxémonos mans á obra e fixemos moitísimas manualidades sobre o día da paz e da non violencia. O noso cole está cheo de murales de carteis e de pombas que reflexan o noso espírito cooperativo. Os nenos e nenas puxéronse man a obra e fixeron grandes obras de arte. Entre as actividades tamén cantamos todos a canción de "Apertas que voan" do CD de Kalandraka de Paco Nogueiras e fixemos unha pequena coreografía!! Quedou moi chulo. Tamén fixemos un baile donde todos e todas colaboramos. Que ben o pasamos!! Deixo aquí un pequeno vídeo sobre os nosos traballos coa técnica stop motion. E.... o venres repetimos!!!
22.1.15
Continuamos con novas tarefas web
Nesta ocasión traballaremos con artistas españois de renome. Atoparedes nas tarefa web datos interesantes sobre os autores que estamos a traballar ademáis de diversos materiais. Preme na imaxe para acceder ao recurso:
13.1.15
RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ
Velaquí algún recurso que podemos atopar na rede para traballar o día da Paz e da non Violencia no noso colexio. Este ano a canción que cantaremos entre todos será "Apertas que voan" do CD-DVD Brinca Vai de Paco Nogueiras. Con ela faremos unha montaxe audiovisual que poderemos ver en febreiro. Deixovos a canción para que vaides practicando:
Recursos para traballar a Paz do blog aula-tic Terra de Ferrol:
Recursos do blog o lar de frianciño:
Recopilación de recursos CEIP Victor Sáenz
Biblioteca Mestres Goldar: recursos para a Paz
CEIP Isaac Peral: Recursos para o día da Paz
En canto aos recursos traballaremos cos seguintes symbaloos relacionados co Día da Paz. Clicade nas imaxes para acceder aos recursos:
Symbaloo CEP Santa Tegra sobre o día da Paz
Symbaloo Belén Junquera sobre a Paz:

Recursos para a Paz: Symbaloo de mbaz:
Recursos para traballar a Paz do blog aula-tic Terra de Ferrol:
Recursos do blog o lar de frianciño:
Recopilación de recursos CEIP Victor Sáenz
Biblioteca Mestres Goldar: recursos para a Paz
CEIP Isaac Peral: Recursos para o día da Paz
9.1.15
Saídas artísticas: visitamos un museo e ímos ao teatro
Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria visitamos unha exposición sobre arte nas salas da fundación Abanca. Alí ensináronnos como temos que transportar unha obra de arte e como coidala para que non se estropee no transporte. Ademáis puidemos coñecer varias obras e técnicas de diferentes autores que están expostas no edificio. Para rematar fumos ao teatro!!! Pasámolo xenial!!!
Traballamos co proxecto
Aquí podedes ver algún dos resultados que temos ao traballar no proxecto do colexio. É moi divertido é aprendemos mogollón de cousas sobre os pintores e músicos propostos pol@s mestr@s do colexio.
3.1.15
Resumo das actividades do 1º trimestre máis artístico
25.11.14
25 de novembro: non ao maltrato
Para conmemorar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero traballaremos no noso colexio con diferentes recursos. En primeiro lugar reflexionaremos sobre a canción "María se bebe las calles" de Pasión Vega
Aquí tedes unha pequena lectura sobre o tema:
Clica na imaxe para acceder aos recursos da páxina educación en valores. org
Aquí tedes unha pequena lectura sobre o tema:
Clica na imaxe para acceder aos recursos da páxina educación en valores. org
21.11.14
Presentación do proxecto Cont-Arte
Aínda que xa comezara o curso e xa estamos traballando no proxecto, non podíamos de deixar sen publicar un das colaboracións que máis nos gustan cada ano. Esta é a colaboración dos pais e nais de 6º de primaria do noso cole, xunto co alumnado do mesmo curso que lle pon a voz ao vídeo. Coma todos os anos, moitísimas grazas polo magnífico traballo que facedes!!!
17.11.14
NOVA TAREFA WEB: Kandinski vs Tchaikovsky
Seguimos traballando no proxecto cunha nova tarefa web. Nesta ocasión traballaremos con dous artistas nados en Rusia. Xa sabedes!!! A seguir investigando no universo artístico
7.11.14
Xa chega o Samaín
Na biblioteca do noso colexio celebramos o Samaín con diferentes actividades!!! Entre elas temos unha exposición de libros coa temática de medo, unha exposición de cabazas coa temática da arte e un pequeno concurso de relatos cortos de medo. Noraboa aos gañadores!!! Os relatos estiveron expostos na entrada do noso colexio!!!
Resultados da primeira tarefa-web: Investigamos...
Aquí tedes aos nenos e nenas do colexio traballando sobre a primeira tarefa-web. Nesta primeira tarefa investigamos sobre Velázquez e sobre Monteverdi. Fixemos ademáis un mural para a porta da biblioteca. Cantas cousas estamos aprendendo!!!!
Etiquetas:
arte,
biblioteca,
proxecto,
tarea-web
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























