21.5.18
VISITA A SANTIAGO
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria foron a Santiago para coñecer o Parlamento e a Xunta de Galicia.
Lóstrego 2018, a nosa revista
Aquí tedes a nova versión da nosa revista escolar Lóstrego. Podedes ler en liña, descargar ou o que máis vos apeteza. É un traballo de todo o alumnado e do profesorado do centro, con algunha colaboración externa como é o caso da ANPA. Felicidades nenos e nenas!!!!
20.5.18
Maratón das letras galegas
Como todos os anos, os distintos colexios de Chapela reunímonos para facer o maratón das letras galegas. Este ano foi o 18 de Maio.
13.5.18
VISITA Á POLICÍA NACIONAL
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron a Policía Nacional de Vigo.
9.5.18
Unha lección de "VIDA" nas nosas aulas
O día 7 de Maio, o actor e director RUBÉN RÍOS, visitou o noso centro para presentarnos a súa curta "VIDA", acompañado pola súa protagonista principal, MÓNICA FERREIRO".
Esta fermosa curtametraxe, protagonizada por persoas con discapacidade funcional, nos da unha lección de "VIDA" facéndonos ver que as LIMITACIÓNS as temos nós na nosa mente e na forma en como miramos as persoas con Diversidade Funcional.
Mil Grazas a Rubén Ríos por este fermoso traballo que nos facilita a nosa labor como mestres que loitamos pola normalidade da Diversidade Funcional.

5.5.18
XOGOS POPULARES
Como cada ano o alumnado de 6º de Educación Primaria acuden ao instituto para facer uns xogos populares con outros alumnos de Chapela. Tamén participan os de 1º da E.S.O; día de convivencia entre coles.
27.4.18
Antón comodón
Os alumnos de educación infantil y 1º de E. primaria foron ao teatro a ver "Antón comodón".
Gustounos moito.
Gustounos moito.
25.4.18
Redondela en curto
Que bonita experiencia a saída dalgúns alumnos a Redondela. As fotos así o demostran.
23.4.18
Alicia Borrás
Alicia Borrás visitou o noso cole e estivo cós nen@s de educación infantil. Pasáronno moi ben.
21.4.18
LEDICIA COSTAS
Ledicia Costas visitou o noso cole e acompañou ao alumnado na súa aventura coa "Señorita Bubble". Grazas Ledicia pola túa visita.
VISITA AO PAZO DE OCA
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron "O PAZO DE OCA". Viñeron moi contentos da saída; e as fotos o demostran.
15.4.18
ARTE LIXO
Este ano participamos na exposición de arte lixo de Redondela. No colexio fixemos entre todos unha obra que quedou espectacular; o resultado foi o esforzo de todo o alumnado e do profesorado. Grazas tamén ás familias por traer tanto material de refugallo.
5.4.18
Día internacional do Libro Infantil
O 2 de abril celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL", coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Nesta data búscase promocionar os bos libros infantiles e xuveniles e a lectura entre os máis xóvenes.
1.4.18
Día mundial da concienciazión do autismo
Premio anaya de literatura infantil e xuvenil.
O escritor Pedro Mañas, foi o gañador do XV premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil co seu relato titulado "Apestoso tío Muffin" que será publicado neste mes de abril.
Esta obra dirixida a lectores a partir de 9 anos, destaca por ser unha novela afectiva con unha linguaxe moi viva. Trátase dunha historia que atrapa dende o principio, o humor está moi presente e aparecen temas coma o medo e o feito de xulgar a alguén polas súas apariencias.

17.3.18
A superavoa de Antón
O 9 de Marzo tivemos a visita de Javier Domínguez, autor do libro "A superavoa de Antón". Ademáis de contar o conto ao alumnado, fixeron un taller con pedras de río para facer algunha das personaxes. Ao rematar firmou o libro a todos. Foi unha visita moi enriquecedora.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)