29.4.23

Contacontos Xanela do Maxin

Esta semana tivemos o pracer de contar cun contacontos un poco especial!!
Xanela do Maxin visitounos e, a través dunhas caixas máxicas, contounos unhas historias para concienciar ao alumnado da importancia de coidar o medio ambiente!

Sen dúbida foi Unha actividade que desfrutaron dende os máis pequenos/as ata os maiores do centro.




Apadriñamentos lectores

Pola Semana do Día do Libro, os máis pequenos/as do centro puideron desfrutar dunha lectura realizada polos seus padriños e madriñas lectores!
É Unha actividade que sen dúbida desfrutan moito!









Contos máxicos virtuais

Pola Semana do Libro, o alumnado do centro puido desfrutar de contos virtuais!! Para velos tiñan que facer maxia coas tablets escaneando un código QR! 
A temática dos contos era a do PDI do centro: "Maxia ou realidade"




24.4.23

Visita de María Canosa

Seguindo coas actividades pola Semana do Libro, o alumnado de infantil recibiu a visita de María Canosa! Autora do libro "Unha fábrica de bicos"!

O alumnado de infantil disfrutou moito axudándolle a contar o conto e para rematar a súa visita levaron os exemplares firmados!




30.3.23

8 de Marzo

Durante o mes de marzo realizamos diferentes actividades para resaltar a importancia que teñen as mulleres a así conmemorar o 8 de Marzo!

Realizamos un obradoiro de chapas con todo o alumnado do centro.


En infantil tivemos a sorte de poder contar con Alba de Realkiddys! Mediante o xogo aprenderon que as profesións non teñen cor!




E tamén tivemos a gran sorte de poder desfrutar con mulleres importantes na vida do noso alumnado! Grazas a todas as familias que visitachedes o centro para realizar diferentes actividades co alumnado! 




Anxo Fariña visita a Biblioteca

No mes de febreiro, Anxo Fariña visitou a nosa biblioteca para realizar un obradoiro con alumnado de primaria! Foi unha actividade na que desfrutaron e aprenderon moito!


10.3.23

Mochilas viaxeiras X

Seguimos desfrutando das obras de arte que trae o noso alumnado nas mochilas viaxeiras!


16.2.23

OBRADOIRO DE ANTIFACES DE ENTROIDO

Esta semana de entroido realizamos obradoiros de antifaces! Nos cales todo o alumnado utilizou a súa creatividade para realizar verdadeiras obras de arte!!







Mochilas viaxeiras IX





Buzón da amizade

O día 14 de febreiro festexamos o día da amizade! Animamos a todo o alumnado a realizar debuxos ou escribir palabras de amizade e depositalas nun buzón na entrada da biblio!!
As cartas foron anónimas e despois cada neno/a colleu unha ao azar que levou para a súa casa.


27.1.23

Mochilas viaxeiras VII

 



NOVIDADES DO MES DE XANEIRO

Algunas das novidades para o mes de xaneiro son:


13.1.23

Mochilas viaxeiras VI

Comezamos a ter as nosas primeiras obras de arte do proxecto do novo ano!



21.12.22

Retos de Nadal 2022

Un día chegamos ao centro e atopamos unhas pisadas que nos llevaban a un calendario de retos de Nadal na biblio!!!
Todos os cursos foron pasando por eles e realízaronse diversos obradoiros de Nadal: decoración, contos, xogos de mímica, escribir historias, un conto na radio, contar historias con dados...
O alumnado disfrutou moito durante este mes de decembro!!