O pasado venres, 6 de novembro, as mochilas viaxeiras comezaron as súas andainas polas casas dos discentes e as súas familias, preparadas para vivir unha chea de aventuras e volver cargadas de novas e distintas experiencias compartidas entre toda a comunidade educativa.
Este ano, debido a situación sanitaria na que nos atopamos, repartiranse polas aulas cada venres e volverán ao colexio os xoves, deixándoas en corentena ata o venres da semana seguinte para que poidan seguir viaxando sen perigo.
De antemán, grazas unha vez máis pola vosa colaboración!
CON IGREXIÑO FACEMOS O CAMIÑO
Ningún comentario:
Publicar un comentario