Este ano comezamos cunha actividade a nivel centro que incluiremos dentro do noso plan de convivencia. Esta actividade está relacionada co proxecto deste ano “ O camiño de Santiago”. Coa chegada da nosa auxiliar de conversa e a súa explicación de como é o día de San Valentín no seu país, no que as mostras amor non son só as parellas senon tamén a calquera persoa do seu entorno, xurdiu a idea de que unha mostra de amor tamén é respectarnos e saber convivir nun entorno. Para conseguilo levamos á práctica en todas as aulas un sistema de economía de fichas que se chama “ Convivindo no camiño”. Ao igual que os peregrinos teñen unha credencial que deben selar cada vez que realizan un tramo, cada clase terá a súa pero relacionada coa convivencia. Nela cada grupo de alumnos decide entre eles a norma de convivencia que queren mellorar e en cada sesión que o consigan, ao igual que os peregrinos recibiran un selo. Cando consigan todos os selos chegaran ao final do camiño cunha recompensa consensuada c@s profes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario