14.5.21

Letras Galegas 2021: Xela Arias

 O 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas: Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias. Levamos toda a semana traballando coa autora. Dentro do material que traballamos dende a biblioteca, fixemos búsqueda de información, e como non, unha achega aos seus escritos dende diferentes perspectivas: para os máis pequenos a visión de Xela Arias dos Bolechas da súa colección Letras Galegas. para os cursos do medio: Non te amola! que é a incursión da autora á narrativa. Para os maiores traballamos os seus poemas e, sobre todo o libro "Darío a diario", poemario adicado ao seu fillo no que afonda na experiencia da maternidade. Como colofón final, hoxe faremos o Maratón das Letras Galegas que este ano, para os colexios será a súa XXII edición, e estrenamos camiseta!!! Que viva a nosa lingua, que vivan as Letras Galegas!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario