Os nen@s de 5º de primaria do noso cole, participaron en Redondela nun pleno Municipal e foron políticos por un día.
Nese pleno especial os nosos alumn@s solicitaron unha mellor accesibilidade e maior atención á diversidade, baixo o lema "TODOS SOMOS DIFERENTES". Trasladáronlle incluso ao propio alcalde pictogramas para a súa colocación na casa do Concello e no Multiusos que servirán para mellorar esa accesibilidade.
Felicitacións por ese gran traballo.
25.11.17
Premio Cervantes
O escritor nicaragüense Sergio Ramírez gaña o premio Cervantes, galardón máis importante das letras en lingua castelá.




20.11.17
19.11.17
O soldadiño de chumbo
"O soldadiño de chumbo" é un gran conto escrito por Andersen. Éste é o que van traballar os alumnos de 2º de educación primaria.
A forza de vontade, a valentía, o tesón, o amor...son algúns dos valores a traballar con este precioso conto.
A forza de vontade, a valentía, o tesón, o amor...son algúns dos valores a traballar con este precioso conto.
A abella traballadora
"A abella traballadora" é o conto que traballan os alumnos de 1ª de educación primaria relacionado có proxecto.
A colaboración, o traballo, a cooperación, a amizade.....valores importantes a traballar cós nenos e nena.

Serie de debuxos animados: "La colmena feliz".
A colaboración, o traballo, a cooperación, a amizade.....valores importantes a traballar cós nenos e nena.

Serie de debuxos animados: "La colmena feliz".
PREMIO PLANETA
Javier Sierra foi o gañador do Premio Planeta este ano, e a finalista foi Cristina López Barrio. O luns 13 de Novembro firmaron libros en Vigo. Noraboa aos dous.
MARIE CURIE
O 7 de novembro fixo 150 anos do nacemento de Marie Curie. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel. No seguinte enlace podedes ver un texto de Galipedia sobre a biografía de Marie Curie

11.11.17
MAGOSTO
O venres fixemos o magosto; pasámolo moi ben; para o ano máis. Grazas as familias pola súa colaboración.
8.11.17
Chega o magosto
O próximo venres temos no cole o magosto, este ano cunha novidade, imos todos a tomar un pequeno bocadillo de chourizo. A desfrutar!!!!!
1.11.17
Concurso Samaín
Como en anos anteriores fixemos o concurso de Samaín. Os máis maiores escribiron un relato e os máis pequenos fixeron un debuxo. Grazas a todos por participar e felicidades aos premiados.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)