31.10.19
Concurso de debuxos e relatos de medo
Un ano máis o noso concurso de debuxos e relatos de medo. Noraboa para os premiados e grazas a todos por participar, os traballos eran excelentes. 😉
27.10.19
Samaín
Xa estamos de novo na semana do Samaín. No noso cole temos a exposición de libros relacionados. Feliz Samaín!!!
Día das bibliotecas escolares
No día das bibliotecas escolares, o 24 de outubro, no noso centro colaboramos co I.E.S. PAZO DA MERCÉ das Neves. Algúns alum@s de 2º da ESO e FPB1, gravaron varios vídeos lendo contos para o alumnado máis pequeno; para educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
Grazas ao instituto por colaborar con nós.
Grazas ao instituto por colaborar con nós.
25.10.19
Maletas viaxeiras
Coincidindo coa celebración do "Día das bibliotecas escolares", póñense xa a funcionar as maletas viaxeiras. Esta curso Viaxaremos con Igrexiño ao espacio. "VIAXE ESPACIAL CON IGREXIÑO" é o tema do noso proxecto. Animádevos a participar.
24.10.19
Día das bibliotecas escolares
O día 24 de outubro celébrase o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". No centro realizamos diferentes actividades.
Estes son algúns traballos do alumnado de Primaria:"QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?"
Estes son algúns traballos do alumnado de Primaria:"QUE É PARA TI A BIBLIOTECA?"
20.10.19
Biblioteca escolar, "Viveiro de cidadanía"
O que se pretende con este lema e destacar as posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa.
A biblioteca debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Información no blog das bibliotecas escolares.
16.10.19
Entrega do Premio Planeta 2019
O día 15 de outubro de 2019 é, tradicionalmente, a data escollida para a entrega do LXVIII Premio Planeta de novela, o galardón literario máis coantioso da literatura española.
14.10.19
Día das escritoras
Dende as bibliotecas escolares invítannos a celebrar o día das escritoras:
"O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria".
No noso centro potenciamos a lectura de libros de escritoras en lingua galega.
Recibimos a visita de : Fina Casalderrey. Alicia Borrás , Ledicia Costas, María Canosa. entre outras.
13.10.19
Outono chegou
De novo o outono, castañas, magostos, samaín...Non debemos esquecer a lectura, en calquera estación o mellor é ler.
12.10.19
Saída á senda da auga
Aproveitando o comezo do outono, o alumnado de Educación Infantil saímos a camiñar pola senda da auga. Recollimos follas, castañas e bellotas. Os alumn@s de 5º de Educación Primaria acompañáronnos e estiveron moi pendentes dos máis pequenos. Pasámolo fenomenal!!!
Maxia "De catro a catro"
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha actuación de maxia no multiusos de Chapela.
Pedro Burarín encandilou a os nen@s cós seus trucos do espectáculo: "De catro a catro".
Pedro Burarín encandilou a os nen@s cós seus trucos do espectáculo: "De catro a catro".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)