Por mor das Letras Galegas e aproveitando que estamos a traballar sobre o Camiño, entre todo o alumnado do colexio fixemos o "Diccionario do Peregrino". Temos no centro verdadeir@s artistas!!!
20.5.21
14.5.21
Letras Galegas 2021: Xela Arias
O 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas: Este ano a autora homenaxeada é Xela Arias. Levamos toda a semana traballando coa autora. Dentro do material que traballamos dende a biblioteca, fixemos búsqueda de información, e como non, unha achega aos seus escritos dende diferentes perspectivas: para os máis pequenos a visión de Xela Arias dos Bolechas da súa colección Letras Galegas. para os cursos do medio: Non te amola! que é a incursión da autora á narrativa. Para os maiores traballamos os seus poemas e, sobre todo o libro "Darío a diario", poemario adicado ao seu fillo no que afonda na experiencia da maternidade. Como colofón final, hoxe faremos o Maratón das Letras Galegas que este ano, para os colexios será a súa XXII edición, e estrenamos camiseta!!! Que viva a nosa lingua, que vivan as Letras Galegas!!
7.5.21
Enquisa para as familias
Aquí vos deixo a enquisa para que as familias contestedes en relación á biblioteca escolar. Moitas grazas familias!