3.1.15

Resumo das actividades do 1º trimestre máis artístico

Aquí tedes un vídeo do resumo das diferentes actividades relacionadas co proxecto que fixemos no primeiro trimestre. Bravo nenos e nenas!!!!



Tamén podedes ver as diferentes saídas que fixemos ao longo do trimestre:

A castaña pintora:

25.11.14

25 de novembro: non ao maltrato


Para conmemorar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero traballaremos no noso colexio con diferentes recursos. En primeiro lugar reflexionaremos sobre a canción "María se bebe las calles" de Pasión Vega










 

 Aquí tedes unha pequena lectura sobre o tema:

http://issuu.com/tere157/docs/o_monstro?e=14443460%2F10222404


Clica na imaxe para acceder aos recursos da páxina educación en valores. org

http://www.educacionenvalores.org/mot.php3?id_mot=25

21.11.14

Presentación do proxecto Cont-Arte

Aínda que xa comezara o curso e xa estamos traballando no proxecto, non podíamos de deixar sen publicar un das colaboracións que máis nos gustan cada ano. Esta é a colaboración dos pais e nais de 6º de primaria do noso cole, xunto co alumnado do mesmo curso que lle pon a voz ao vídeo. Coma todos os anos, moitísimas grazas polo magnífico traballo que facedes!!!


17.11.14

NOVA TAREFA WEB: Kandinski vs Tchaikovsky

Seguimos traballando no proxecto cunha nova tarefa web. Nesta ocasión traballaremos con dous artistas nados en Rusia. Xa sabedes!!! A seguir investigando no universo artístico

http://patriflauta.wix.com/pintura2

7.11.14

Xa chega o Samaín

Na biblioteca do noso colexio celebramos o Samaín con diferentes actividades!!! Entre elas temos unha exposición de libros coa temática de medo, unha exposición de cabazas coa temática da arte e un pequeno concurso de relatos cortos de medo. Noraboa aos gañadores!!! Os relatos estiveron expostos na entrada do noso colexio!!!



Resultados da primeira tarefa-web: Investigamos...

Aquí tedes aos nenos e nenas do colexio traballando sobre a primeira tarefa-web. Nesta primeira tarefa investigamos sobre Velázquez e sobre Monteverdi. Fixemos ademáis un mural para a porta da biblioteca. Cantas cousas estamos aprendendo!!!!












Os venres cantores: "O Sacristán de Coímbra"

Este ano comezamos a traballar a arte e a cultura galega dun xeito máis práctico e decidimos, que xunto coas familias imos a aprender diferentes cancións populares galegas para cantar todos xuntos o último venres de cada mes. O primeiro venres cantor decidimos cantar "O Sacristán de Coímbra", e foi todo un éxito. Esperemos que o próximo venres se anime moita máis xente!!! Para ver o vídeo dos venres cantores podedes visitar o noso blog, os igrexiños!!!











30.10.14

Concurso de relatos de medo!!

Aquí temos @s gañadores do 1º concurso de debuxos e relatos de medo do noso colexio. Noraboa aos gañadores e felicidades a tod@s os relatos e debuxos participantes. Foi moi dificil poder escoller soamente a un gañador!!! Noraboa!!!!

David Castrelos González (Infantil 5 anos)



Eva Costas Rodríguez (2º primaria)



Aitana Rodríguez López (6º primaria)

29.10.14

As mochilas viaxeiras!!!!

Xa están aquí as mochilas viaxeiras!!!! Este ano convertirémonos en grandes artistas. Recordade que as mochilas viaxeiras viaxarán cada venres as diferentes casas para voltar o xoves ao colexio. Nas mochilas viaxeiras levaredes un libro ou conto relacionado coa arte, un libro de consulta do mesmo tema, un libro de matemáticas, xa que este ano trabállase dende a biblioteca escolar, as matemáticas e, por último un cd ou dvd de música da nosa terra. Espero que gocedes moito coa mochila e que vos convirtades en grandes artístas!!!





26.10.14

24 de outubro: día das bibliotecas escolares de Galicia

O 24 de outubro celebramos na nosa biblioteca o día das bibliotecas escolares e para conmemorar esta data traballamos sobre un libro que fala de libros. Neste caso traballamos o libro de "Los fantásticos libros voladores de Mr. Morrison Lessmore"

Aquí van as fotos de ese día:





Ademáis, este día traballamos sobre Mafalda e conmemoramos o seu 50 aniversario. Para non esquecernos dela en todo o ano fixemos un marcalibros cun lema para utilizar sempre que vaiamos á biblioteca.


14.10.14

Mati y sus matemáticas

Como sabedes nas bibliotecas escolares de Galicia este ano é o ano matemático. Para traballar este concepto comezaremos cunha páxina xenial que nos propón diferentes problemas de matemáticas para resolver. Serás quen de resolvelos?? Preme na imaxe para acceder ao recurso

http://pequenoldn.librodenotas.com/matiaventuras/

18.9.14

Carlota e a Mona Lisa

Aquí tedes un libro virtual sobre a Mona Lisa. Gozade coa lectura do libro!!!!

Carlota e a Mona Lisa

9.9.14

Comezamos cunha nova tarefa-web

Este ano traballaremos coa arte, e en concreto con pintores e músicos. Na primeira tarefa-web que vos propoñemos pescudaremos sobre Diego Velázquez e Claudio Monteverdi. Espero que vos guste e que aprendamos mogollón de datos dos nosos autores. Tres, dous, un... EN MARCHA!!!


Vídeo de presentación do noso proyecto: Cont-arte

Este ano temos a sorte de traballar coa arte. Moi atentos ao vídeo de presentación. Comezamos!!!!


6.6.14

Chegan os novos compañeiros

O xoves 5 de xuño recibimos a visita dos nosos novos compañeir@s "Os novos Igrexiñ@s".

27.5.14

REVISTA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Aquí está o novo número da revista máis famosa do cole!!!Espero que vos guste tanto o máis que a min. Deixovos tamén as revistas de anos anteriores, para que poidades recordar todos os traballos feitos!!! Noraboa polo traballo!!!

Publish at Calameo or read more publications.


REVISTAS DIXITAIS DE ANOS ANTERIORES

12.5.14

RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como todos os anos nestas datas traballaremos sobre diferentes recursos do autor homenaxeado Xosé María Díaz Castro. Velaquí varios recursos para traballar o autor. Clica na imaxe para acceder a eles:

(Páxina da Coordinadora Galega de ENDL)