O 5 de xuño celébrase o día mundial do medio ambiente. Fagamos que o alumnado valore a importancia de coidalo e protexelo.
No colexio traballamos o medio ambiente e a alimentación ecolóxica
5.6.19
4.6.19
FACÉNDONOS ECO DO LÓXICO
Montaxe dalgunha das actividades feitas no centro relacionadas coa 2ª parte do proxecto relacionado coa alimentación ecolóxica.
31.5.19
FAITE ECO DO LÓXICO
Hoxe todo o alumnado recibiu unha charla do PLAN PROXECTA: "FAITE ECO DO LÓXICO".
Faláronlle sobre a importancia da alimentación ecolóxica.
Faláronlle sobre a importancia da alimentación ecolóxica.
22.5.19
Laboratorio de palabras
O pasado luns, o alumnado de Educación Infantil tiveron a sorte de participar nun obradoiro moi divertido. "VERBATECA" Laboratorio de palabras". Mediante xogos aprenderon palabras en galego
20.5.19
Lóstrego
Un ano máis a nosa revista lóstrego. Este ano moi vistosa e como sempre elaborada por todos con moito cariño.
Maratón das letras galegas
Como todos os anos os colexios de Chapela xuntámonos para festexar "O día das letras galegas". Faixe un maratón onde participa o alumnado e os mestres. 👏😊
14.5.19
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O día 17 de maio celebrase o "Día das letras galegas", este ano están dedicadas a Antón Fraguas.
Grande escritor galego moi preocupado polas costumes e o folclore galego. Aquí amosamos unha montaxe realizada por mestras do colexio.
Grande escritor galego moi preocupado polas costumes e o folclore galego. Aquí amosamos unha montaxe realizada por mestras do colexio.
4.5.19
Visita Iago López
O día 2 de Maio visitou o noso colexio Iago López (Ourense 1977), gran escritor galego, mestre de Educación Infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como "Marañao" ou "Chespir teatro. Como autor de literatura infantil publicou os álbums "O cociñeiro Martiño" e o "Cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas".
24.4.19
Festival de curtometraxes Andaina
Nova edición do certamen de curtometraxes de Redondela, parte do alumnado do centro foi a participar e pasáronno moi ben.😊
23.4.19
Día do libro
Hoxe é o día do libro. Cada 23 de abril celébrase este día en honor a dous grandes escritores Miguel de Cervantes e William Shakespeare, finados ambos casualmente un 23 de abril de 1616.
No noso colexio fixemos os padriños e madriñas lectores que tan boa acollida ten entreo noso alumnado.
Coñecendo a loita libre
O martes 9 de abril os nenos/as de cuarto de primaria tivemos unha pequena práctica sobre a loita libre.Pasámolo xenial!
17.4.19
Búsqueda dos ovos de pascua
As mestras de Educación infantil preparamos a actividade da búsqueda dos ovos de Pascua que tanto lle gusta ao alumnado. Pasáronno moi ben.😊👏👏
15.4.19
Contacontos
O venres 12 de Abril tivemos no noso colexio unha contacontos moi especial, xa que utilizou a linguaxe de signos para contalo.
13.4.19
Pedro Mañas
El día 10 de abril tuvimos en el colegio la visita de Pedro Mañas. Fue un privilegio que visitara nuestro centro, ya que es un escritor madrileño importante dentro de la literatura infantil y juvenil, ganador de varios premios literarios. "Apestoso tío Muffin" fue el libro elegido este curso como lectura obligatoria para o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, y por su gran acogida y simpatía del autor, no descartamos volver a elegir otro libro de Pedro M. en un futuro.
https://www.pedromanas.com/bio
https://www.pedromanas.com/bio
12.4.19
Os ecosistemas por 5º de Primaria
O nenos e nenas de 5º de Primaria queren explicarvos como son os ecosistemas e como podemos coidalos.
5.4.19
Día do autismo
Para o día do autismo fixemos un mural, unhas gafas moi particulares, decoramos as fiestras con globos azuis e cantamos "TAL COMO ERES"do Canto do Loco.
2.4.19
Teatro: Mamá cabra
O alumnado de educación infantil, 1º e 2º de Educación Primaria tivemos a sorte de ir a ver a "Mama Cabra" ao teatro en Vigo. "EU COCIÑO, TI COCIÑAS". Pasámolo fenomenal!!!
31.3.19
29.3.19
Diario de Greg
A biblioteca acaba de adquirir a colección "O DIARIO DE GREG". Xa está a disposición do alumnado para o préstamo. 👏👏👏
O Díario de Greg é unha serie de libros escritos por Jeff Kinney, que conta de forma cómica a historia de Greg Heffley, un adolescente que comeza a Educación Secundaria.
O Díario de Greg é unha serie de libros escritos por Jeff Kinney, que conta de forma cómica a historia de Greg Heffley, un adolescente que comeza a Educación Secundaria.
24.3.19
DÍA DA POESÍA
O día 21 de Marzo, celebramos o día mundial da poesía. A poesía sempre fascinante, debería estar presente sempre nas nosas vidas.
Querevos dar a coñecer a MAR BENEGAS, poeta e escritora de libros para nenos e adultos. Destaca pola súa poesía infantil, os seus poemas atrapan aos máis pequenos.
Algúns dos seus libros de poemas que recomendamos para os cativos....Seguro que vos atraparán...
21.3.19
Alimentación ecolóxica
O pasado 20 de Marzo, tivemos un obradoiro sobre a importancia da alimentación ecolóxica.
Foi moi interesante e esperamos que o alumnado sacara proveito de todo o ensinado.
Foi moi interesante e esperamos que o alumnado sacara proveito de todo o ensinado.
Xa temos composteiro
Miguel, o Concelleiro de medio Ambiente do Concello de Redondela, trouxo un composteiro para o colexio. Colocouse preto co comedor para poder botar os desperdicios das comidas con facilidade.
16.3.19
Dereitos do consumidor
O día 15 de marzo celebrase o día dos dereitos dos consumidores; no noso colexio quisemos transmitir a importancia do consumo responsable e o coidado do medio ambiente. O alumnado de 3 e 4 anos fixeron un mural baseándose no "ÁRBOL DA VIDA" de Gustav Klimt utilizando tapóns de plástico.
14.3.19
Alimentación ecolóxica e coidado do medio ambiente
Empezou xa a viaxar a maleta viaxeira coa 2ª parte do proxecto: "Alimentación ecolóxica e coidado do medio ambiente".
Os alimentos ecolóxicos, biolóxicos, orgánicos que proveñen de vexetais ou animais no que no cultivo ou crianza non se utilizaron pesticidas ou productos químicos, hormonas ou medicamentos, e que non se someteron a procesos artificiais ou forzados, chámanse alimentos ecolóxicos. Os pesticidas e outros recursos empregados para a súa producción son naturais, non sintéticos e se axustan a normas sobre materias permitidas, restrinxidas e prohibidas.
Queremos que os alumn@s coñezan un pouco sobre este tema, por iso nesta 2ª parte do proxecto traballaremos sobre a alimentación ecolóxica e o coidado do medio ambiente.
Queremos que os alumn@s coñezan un pouco sobre este tema, por iso nesta 2ª parte do proxecto traballaremos sobre a alimentación ecolóxica e o coidado do medio ambiente.
8.3.19
Día da muller traballadora
O día 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora. No colexio fixemos un mural en colaboración con todo o alumnado.
7.3.19
Obradoiro
O xoves 28 de febreiro, tivemos un obradoiro de leite e productos lácteos. Na charla o alumnado aprendeu a importancia de consumir diariamente algún producto derivado do leite.
3.3.19
Entroido 2019
No cole, tivemos un entroido moi colorido; o alumnado pasouno moi ben. Grazas as familias pola vosa colaboración. Feliz entroido¡¡¡ 😊
26.2.19
Chega o entroido
Xa temos aquí o Entroido e con él as ordes do Meco. Ahí van.
LUNS: Este curso no noso cole traballaremos sobre a alimentación, polo que para aprender a cociñar un delantal deberás levar.
MARTES: Se bo cociñeiro queres ser, un gorro ti non debes esquecer.
MÉRCORES:Se a túa cara queres coidar, nela unha froita debes pintar.
XOVES: Se queres ser un cociñeiro sobresaliente, trae zapatos diferentes.
VENRES: E para rematar todos xuntos este entroido culinario imos desfrutar.
LUNS: Este curso no noso cole traballaremos sobre a alimentación, polo que para aprender a cociñar un delantal deberás levar.
MARTES: Se bo cociñeiro queres ser, un gorro ti non debes esquecer.
MÉRCORES:Se a túa cara queres coidar, nela unha froita debes pintar.
XOVES: Se queres ser un cociñeiro sobresaliente, trae zapatos diferentes.
VENRES: E para rematar todos xuntos este entroido culinario imos desfrutar.
25.2.19
Igrexiño mestre de cociña
Aquí damos por finalizada a 1ª parte do proxecto. Despois do Entroido comezamos a 2ª parte: Alimentación ecolóxica e coidado do medio ambiente.
Grazas a todas as familias polas vosas aportacións e por participar con algún taller de cociña.
21.2.19
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de Febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. No noso colexio vanse celebrar diferentes actividades.
14.2.19
Visita a unha panadería
O alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación primaria visitaron unha panadería da zona.
13.2.19
OS ELECTRECOS
Tivemos unha conferencia sobre RAEE : Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. Con axuda dos Bolechas o alumnado entendeu perfectamente a importancia de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos que deixan de funcionar.
9.2.19
Taller en Educación Infantil
O alumnado de 5 anos fixemos un taller de chuches. Unha mamá veu á clase para levar a cabo este taller. Utilizamos zume natural para a elaboración das chuches.
6.2.19
O diario de NIKKI
A biblioteca acaba de adquirir a colección do "DIARIO DE NIKKI". A chica máis torpe do mundo comparte con nós o seu diario, onde nos explica as súas aventuras e desventuras no instituto. Espero que vos gusten.
3.2.19
1.2.19
DÍA DA PAZ
O día 30 celebramos o día da paz, nas aulas traballouse de diferentes maneiras.
A nosa receta da paz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















































