26.2.21

Actividade de Convivencia: Convivindo no camiño

 

 

Este ano comezamos cunha actividade a nivel centro que incluiremos dentro do noso plan de convivencia. Esta actividade está relacionada co proxecto deste ano “ O camiño de Santiago”.  Coa chegada da nosa auxiliar de conversa e a súa explicación de como é o día de San Valentín no seu país, no que as mostras amor non son só as parellas senon tamén a calquera persoa do seu entorno,  xurdiu a idea de que unha mostra de amor tamén é respectarnos  e saber convivir nun entorno. Para conseguilo levamos á práctica en todas as aulas  un sistema de economía de fichas  que se chama “ Convivindo no camiño”. Ao igual que os peregrinos teñen unha credencial que deben selar cada vez que realizan un tramo, cada clase terá a súa pero relacionada coa convivencia. Nela cada grupo de alumnos decide entre eles a norma de convivencia que queren mellorar e en cada sesión que o consigan, ao igual que os peregrinos recibiran un selo.  Cando consigan todos os selos chegaran  ao final do camiño cunha recompensa consensuada c@s profes.


 

25.2.21

Camiño a camiño: Camiño Branco

Fermosos traballos feitos polo alumnado do centro!! Noraboa!! Este ano relacionamos os poemas de Rosalía de Castro co proxecto de centro.

Aquí vos deixamos unha mostra.!!!

















19.2.21

Conmemoramos a Rosalía de Castro

 Imos a propor unha serie de actividades para conmemorar o día de Rosalía de Castro: Como tod@s sabedes, celebramos ese día o 24 de febreiro. Aquí van algúns xogos e propostas musicais:

- No cole imos traballar o poema de Rosalía titulado "Camiño Branco", pertencente ao seu libro "Cantares Gallegos".

- Que tal se tamén o cantamos??. Aquí vai esta proposta:

CAMIÑO BRANCO 

Os traballos que realicemos cos poemas estarán no taboleiro da primeira pranta do centro e no blog. A traballar!!!

 - A biblioteca de Antín fixo un estupendo Genia-ly sobre Rosalía: Clicade na imaxe para acceder a el




- Outro genia-ly de Martuky PF:

 


- Blogesquío nos propón esta selección de música: Dádelle ao play!!!


12.2.21

Un entroido con sabor a compostela

 Este Entroido foi diferente, pero igual de divertido para o alumnado. Moitos disfraces coloridos e imaxinativos.

Aquí deixamos unha pequena mostra do ben co pasamos e do guapos que viñeron ao centro.

Grazas pola vosa colaboración nas ordes do Meco!!