Os
nenos e nenas de 6º de primaria, fixemos uns circuitos eléctricos.
A información necesaria para esta actividade atopámola en
diferentes fontes: no libro de coñecemento do medio, na biblioteca,
en internet... No proceso de elaboración axudáronnos as nosas
familias.
30.1.14
23.1.14
E MÁIS RECURSOS PARA A PAZ
Dende o CEIP Andrade conpartiron con nós os seguintes recursos para traballar o día da Paz e da non violencia 2014. Moitas grazas por compartir!!! Grazas Encarna
Clicade nos enlaces para acceder aos recursos:
Blog da biblioteca do CEIP Plurilíngüe de Andrade
O autobús de Rosa (adaptación ao galego)
Prezi "Chámome Nelson Mandela"
Quiz Nelson Mandela
Clicade nos enlaces para acceder aos recursos:
Blog da biblioteca do CEIP Plurilíngüe de Andrade
O autobús de Rosa (adaptación ao galego)
Prezi "Chámome Nelson Mandela"
Quiz Nelson Mandela
21.1.14
RECURSOS PARA TRABALLAR NO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Este ano, dende a biblioteca do colexio decidimos realizar carteis conmemorativos relacionados cos contos clásicos. A proposta é facer 9 carteis diferentes que inviten a colaboración e a amizade. Ao final do traballos faremos unha montaxe de vídeo coas propostas de todas as clases: O título da proposta é "Os clásicos para a paz". @s nen@s xa están mans á obra, agora esperade o resultado, vai ser impresionante!!!
Ademáis propoñemos a lectura do conto: "Me llamo Paz" de Anna Obiols
Como recursos tamén podemos acceder aos LIM de
Belén Junquera
Julia González
Vídeo de "Sadako y las mil grullas de papel"
Por último cantaremos a canción "Feito con sonos" que estamos a preparar na clase de música:

14.1.14
SAÍDA AO TEATRO
Os igrexiños de Infantil e 1º Ciclo de Primaria asistiron o luns 13 de xaneiro a representación da fábula tradicional "Os tres porquiños" de Éigualdisney, da compañía Educateatro Produción.
Etiquetas:
Contacontos,
curiosidades,
saidas
2.1.14
O NADAL
Para ver todas as actividades do nadal podedes visitar o blog dos igrexiños. No blog veredes as fotos da salida aos dinosaurios, a chegada do paxe real ou dos reis magos e as actividades de infantil.
Clicade na imaxe para acceder a el.
20.12.13
DINOSAURIOS NO COLE
O Xoves 19 de decembro o noso centro disfrutou coa exposición do IFEVI " O DÍA DOS DINOSAURIOS"
17.12.13
VISITA DO ESCRITOR XURXO VALCÁRCEL
O venres 13 de decembro recibimos a visita do escritor Xurxo Valcárcel. Con él disfrutamos coa presentación da figura do APALPADOR e co entorno no que vive, as montañas do Caurel.
Etiquetas:
apalpador,
biblioteca,
Contacontos,
nadal
4.12.13
Tarea-web 3: Os clásicos en nadal
Nesta nova tarea-web descubriremos novos autores de contos clásicos e outros que xa coñecíamos. Traballaremos tamén con compositores clásicos e aprenderemos a facer unha ficha dunha película. Non esperedes máis e comezade a investigar sobre os novos autores.
Clicade na imaxe para ir ao recurso:
Clicade na imaxe para ir ao recurso:
2.12.13
Con decembro chega... O Apalpador
Benvidos a un novo mes e con el a novas actividades!!! Este mes dende a biblioteca pretendemos facer diferentes actividades sobre a figura do Apalpador. Pala elo imos utilizar un LIM feito por Amelia Lago e Patricia Román sobre un poema de Xurxo Valcárcel.
Durante este mes haberá algunha sorpresa máis relacionada co apalpador, así que estade moi atentos. Mentres tanto disfrutade deste magnífico poema e das actividades relacionadas.
Durante este mes haberá algunha sorpresa máis relacionada co apalpador, así que estade moi atentos. Mentres tanto disfrutade deste magnífico poema e das actividades relacionadas.
1.12.13
Carapuchiña Vermella
Durante todo este mes no colexio estivemos traballando sobre Carapuchiña Vermella e entre todos e todas fixemos un conto colectivo. Que ben o pasamos!!! Pintamos todas as escenas e todos os personaxes do conto, despois gravamos a nosa versión do conto e por último fixemos unha montaxe con música e todo. Espero que vos guste moito a nosa adaptación deste conto que dende ben pequeniños escoitamos tanto aos nosos pais e nais coma neste caso no cole. Escoitade con atención o resultado final...
Etiquetas:
biblioteca,
contos clasicos,
videos
14.11.13
LIM para traballar o magosto
Deixo algúns enlaces sobre o magosto, xa que estamos de celebración no noso cole. Este traballo está feito pola compañeira Ana Martínez Rey. Clicade na imaxe para acceder a eles:
ç
ç
30.10.13
Exposición de libros de medo!! Chegou o Samaín!!
Na biblioteca teremos durante estas semanas a exposición de libros de medo!!. Ademáis traballaremos en concreto a o escritor de contos clásicos Charles Perrault e as diferentes versións de Carapuchiña Vermella. A pasar moito medo!!!
Etiquetas:
biblioteca,
curiosidades,
samaín
Día das bibliotecas escolares, 24 de outubro
Xunto co resto das bibliotecas escolares, fixemos unha lectura colectiva do marabilloso conto "365 pinguinos" de Jean-Luc Fromental. Non podíamos deixar de pensar en pinguíns!!! Que divertido, encantounos a actividade!!!
Etiquetas:
biblioteca,
dia da biblioteca escolar
24.10.13
2ª tarea-web: Charles Perrault
Por mor do 385 aniversario do nacemento do autor Charles Perrault e relacionado cos contos clásicos e co Samaín imos a traballar este autor na 2ª tarea-web. Neste caso temos que pescudar sobre este autor e sobre o libro Carapuchiña Vermella. Que terá que ver este libro co Samaín? Pronto o descubriredes. Non perdamos máis tempo e...mans a obra!!!!
Clica na imaxe para acceder ao recurso!!!
Clica na imaxe para acceder ao recurso!!!
Feliz día das bibliotecas escolares
Hoxe é o día das bibliotecas escolares. No noso cole, xunto co resto dos coles e bibliotecas do Concello de Redondela ímos celebralo facendo unha lectura sobre o conto "365 pingüínos" do autor Jean-Luc Fromental. Faremos moitas actividades na biblioteca. A gozar dunha boa lectura!!!
Etiquetas:
biblioteca,
dia da biblioteca escolar,
recomendacións lectoras
Fotos da 1º tarea web Hans Christian Andersen
E aquí temos o tan esperado resultado da 1ª tarea-web do autor Hans Christian Andersen. Un verdadeiro pracer poder traballar así. Noraboa nenos e nenas!!!!
1ª tarea-web Hans Christian Andersen on PhotoPeach
Etiquetas:
contos clasicos,
fotos,
tarea-web,
wix
23.10.13
Os contos clásicos
Ola nen@s!!
esta vez póñome en contacto con vos para presentarvos o vídeo dos "Contos clásicos de Igrexiño", feito polos pais e nais do colexio e montado e narrado polos alumnos e alumnas de 5º e 6º. Noraboa a tod@s!!! Un gran traballo!!!

15.10.13
Recursos para Samaín
Deixo un enlace dun Symbaloo feito por Patricia Pena Brbeito do seu blog http://patripenalogopeda.blogspot.com . Recurso onde podemos atopar moitos xogos e ideas para Samaín.
Clicade na imaxe para acceder a el
Clicade na imaxe para acceder a el
24.9.13
TAREA-WEB: HANS CHRISTIAN ANDERSEN
Esta semana propoñemos dende a biblioteca unha tarea-web para pescudar sobre o escritor Hans Christian Andersen. Grazas a ela aprenderemos máis e máis sousas sobre este gran escritor. Seguide as instruccións para traballar sobre elo.Clicade na imaxe para acceder á tarea web:
12.9.13
NOVAS; NOVAS!!!!
Comezamos o curso falando de novidades lectoras. En esta ocasión tócalle a quenda á música. Os últimos meses saíron ao mercado unha serie de novidades do máis apetecibles. Entre elas imos destacar algunha:
1- A nena e o grilo nun barquiño: Un libro que nos ofrece actividades, contos e moita música. Pronto comezaremos a escoitar a súa música polo cole!!! Ed: fol Déixovos un anticipo do disco:
2- O segundo libro é sobre a obra de Camille Saint-Saëns: "O Carnaval dos animais". Un libro cd para poder escoitar a marabillosa música deste compositor ademais de gozar dunha boa lectura. Ed: Kalandraka
3- A última novidade ven da man de Migallas e teremos que esperar ata outubro. Este libro cd é o segundo do grupo que seguro que nos sorprende con esta nova entrega. Ed: Kalandraka
Seguiremos informando das novidades que aparecerán polo cole. Ata outra e feliz lectura!!!

música,
novidades,
recomendacións lectoras
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)